Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago estréase hoxe no desafío Hash Code de Google da man do grupo GDG local
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago estréase hoxe no desafío Hash Code de Google da man do grupo GDG local

Redacción
Publicado: 01/03/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Participantes nunha das roldas internacionais do Hash Code
Participantes nunha das roldas internacionais do Hash Code
A Residencia Monte da Condesa da Universidade de Santiago acolle hoxe a celebración dunha proba inserida no reto Hash Code, o desafío colectivo de programación de Google para estudantes e profesionais do sector. A cita, que se celebra por vez primeira na USC, desenvólvese a partir das 18.00 horas e de aí en adiante ata as 22.30 horas. Quen queira participar poderá facelo en grupos de dúas, tres ou catro persoas, na linguaxe máis axeitada para as súas habilidades e coñecementos. Hash Code, para que non o saiba é un concurso internacional de programación de Google dirixido a estudantes e desenvolvedores de Europa, Oriente Medio e África para que resolvan un problema real de enxeñaría proposto pola compañía. A cita de hoxe vén da man do grupo GDG Santiago.
Trátase da proba dunha rolda de clasificación que se celebra en máis de 70 países nun total de 636 puntos de encontro. Desta volta, os equipos máis destacados neste inicio do concurso serán convidados á rolda final para competir polo título de campións do Hash Code 2018, que ten lugar en Dublín o día 28 de abril.
A novidade da proba de hoxe é que por vez primeira, e grazas ao traballo do grupo Google Developer Group Santiago, organizouse este hub na USC para que “todos os participantes poidan reunirse nun espazo común e compartir o ambiente da competición”. A organización calcula que van concorrer na proba medio centenar de persoas. O evento conta co patrocinio de dous negocios locais, a Hamburguesería Carpanta e o Pub Central Perk.
Respecto do grupo GDG de Santiago, sinalar que é un colectivo independente de Compostela que funciona como punto de encontro para desenvolvedores familiarizados coas tecnoloxías de Google. A día de hoxe está coordinado por alumando da USC. O seu obxectivo é “compartir experiencias e formar comunidade, conseguindo así mellorar o nivel profesional amais de fomentar o traballo cooperativo”. A proba de hoxe é a primeira dunha serie de eventos que se prevé longa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?