Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentan en Compostela os Hubs de Innovación Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentan en Compostela os Hubs de Innovación Dixital

Redacción
Publicado: 02/03/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Acto de presentación dos hubs dixitais galegos, celebrado este mes de marzo
Acto de presentación dos hubs dixitais galegos, celebrado este mes de marzo
Durante a xornada Hubs de Innovación Dixital. Novos marcos de colaboración, celebrada na Cidade da Cultura, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou que o Hubs de Innovación Dixital serán o mellor instrumento para desenvolver o ecosistema innovador galego ao marcar o camiño a seguir para facer fronte aos retos do futuro, como a dificultade das PEME para innovar en solitario ou a necesidade de incorporar tecnoloxías facilitadoras en todo o sector produtivo.
Así, desenvolverase un sistema de colaboración aberto público-privado que será capaz de cohesionar o sistema galego para salvar a distancia entre o coñecemento e o mercado e conseguir ser sustentable. Os obxectivos que se perseguen son adaptar as características do tecido galego a unha especialización nos sectores estratéxicos, potenciar a incorporación de tecnoloxías facilitadoras e impulsar o potencial innovador das PEME.
20180302_hubs_innovacion_02.jpgConde falou de «cambio cualitativo no modelo de innovación que queremos para a Galicia de 2030» e presentou os Hubs como punto de encontro entre a empresa, a investigación e o financiamento e avanzou que se configurarán como xanelas únicas de servizos das que se beneficiarán todos os axentes implicados xa que, entre outros, poderán acceder a facilidades para incorporar tecnoloxía, apoio na planificación e acceso a investimentos, servizo de mentoring especializado, axuda para o emprendemento ou formación. Ademais, os centros de coñecemento participantes ofrecerán as súas infraestruturas e capacidades para o lanzamento de proxectos piloto ou demostración de novas tecnoloxías.
Para a súa posta en marcha (que o Goberno galego espera que se produza en 2019, tras estudar as primeiras propostas nos vindeiros meses) Conde avogou por centrarse naqueles sectores galegos con máis potencial, pois o obxectivo final é contar cun modelo realista, viable e sustentable no futuro.
O conselleiro pediu, ademais, a implicación de todo o sistema: desde os emprendedores ás administracións, pasando polos investidores, as PEME, as empresas tractoras e os centros de coñecemento e tecnolóxicos para que o éxito da innovación en Galicia chegue sobre a base da unión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?