Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As asociacións propoñen en Lugo impulsar páxinas web para reactivar o sector rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As asociacións propoñen en Lugo impulsar páxinas web para reactivar o sector rural

Redacción
Publicado: 07/03/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

asociacion_castano_galiciadixital_xornada.jpgGaliciaDixital, a plataforma temática sobre Galicia en Internet, e a Asociación Alía Network participaron este 6 de marzo nunha rolda de prensa celebrada en Lugo na que se presentaron sete iniciativas para dinamizar o rural galego dende sete eidos específicos: o traballo en rede (o networking), a innovación, o medio ambiente, as gandarías lácteas, a enxeñaría forestal, a formación profesional e unha proposta para facer un congreso internacional de produtores de leite en Santiago. Na cita cos medios, na que participaron entidades da nosa terra “sensibilizadas co abandono do rural”, pedíronse medidas efectivas para reverter a situación crítica actual. Na vertente innovadora, fíxose un chamamento a prol da creación de páxinas web para as empresas e produtores.
Na xuntanza, amais de GaliciaDixital e a Asociación Alía, achegaron as súas propostas a Asociación Castaño y Nogal, Almoneda Enxeñaría, European Dairy Farmers – España, o Centro de Promoción Rural EFA-Fonteboa e USKORUÑA.
Interviñeron Antonio Álvarez González, Pedro Guerreiro Iglesias, Xusto Suárez Varela, Luis García Fernández, Antonio Giz, Pelayo López Trivino e José Manuel Vicos López, todos eles explicando aos medios e ao público asistente as súas experiencias co rural, con análise de problemas, accións de sensibilización e resultados conseguidos. Os relatores coincidiron “na necesidade de afrontar o dilema de renovarse ou morrer, a cooperación activa de administracións públicas e os centros de formación, para prepararse e ser competitivos no mercado global do século XXI”. Máis aínda, engadiron, tendo que en conta que a partir de 2010 España e Galicia deixarán de percibir miles de millóns de euros dos fondos estruturais da Unión Europea.
Os intervenientes manifestaron tamén “que o futuro do rural pasa por contar con mozos e persoas con formación profesional, experiencia e referentes adaptados ás esixencias do contexto actual da agricultura, a gandaría e sector forestal, que deben impulsar e propiciar as administracións de forma integrada e asumir como ineludible e irreversible quen pretenda facer do rural o seu medio de vida e desenvolvemento persoal na era da globalización e a competitividade”.
Deuse conta tamén na rolda de prensa do compromiso e acordo das firmas participantes con GaliciaDixital para configurar, desenvolver e manter páxinas web para o sector rural, con bonificacións para asociados e cooperantes de todas elas. Neste senso, explicouse que en boa medida “as feiras de antes están agora en Internet, que é lugar de encontro e de comercialización de produtores e demandantes, a nivel global, rexional e local”. Tamén coincidiron na necesidade “inaprazable” de reverter a tendencia e a situación actual de peche de explotacións e de cultura da resignación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?