Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Playground ofrecerá no Interplay un obradoiro de vídeo para redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Playground ofrecerá no Interplay un obradoiro de vídeo para redes sociais

Redacción
Publicado: 07/03/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

carballo_playground.jpgO quinto festival de contidos dixitais Carballo Interplay vén de abrir a preinscrición para o seu obradoiro Narrativas de vídeo en redes sociais. Contidos complexos vs. audiencias masivas, que terá lugar o venres 6 de abril no Pazo da Cultura de Carballo. As persoas interesadas en participar nesta actividade impartida por Josune Imízcoz e Guillermo Carreras-Candi, responsables de vídeo da plataforma PlayGround, poden reservar a súa praza na web do festival (carballointerplay.com) ata o 19 de marzo. Segundo informa a organización do certame (Interplay Producións e o Concello de Carballo) hai 25 prazas dispoñibles e o prezo da actividade é de 20 euros.
Para quen non o saiba, PlayGround xurdiu en 2008 como revista dixital enfocada á música, aínda que axiña evolucionou cara a medio tecnolóxico referencial, multitemático, independente e con importante pegada nas redes sociais. Dende a súa experiencia, os seus impulsores abordarán no obradoiro de Carballo a disxuntiva entre un presente que require explicacións cada vez máis complexas e un contexto mediático que tende a comprimir cada vez máis as historias e escoller os temas só en función da súa potencial viralidade.
O método de traballo nas tres horas da actividade combinará unha parte analítica con outra creativa. Na primeira parte as persoas inscritas participarán nunha visualización conxunta de vídeos de PlayGround e outras plataformas, “co obxectivo de comprender o funcionamento dos contidos complexos no entorno das redes sociais”. Na segunda parte buscaranse enfoques para temas propostos polos alumnos e alumnas e desenvolveranse borradores audiovisuais por parellas que serán finalmente comentados. A organización recoméndanos carrexar computadora portátil para poder escribir e editar imaxes se fose preciso.
Obradoiros gratuítos para crianzas, con Vermislab
O Carballo Interplay ofrecerá, tamén, dous obradoiros gratuítos para crianzas da man do proxecto de innovación educativa Vermislab, que quere potenciar a creatividade de nenos e nenas en eidos como a ciencia, a tecnoloxía e o deseño. Así, a sexta feira (venres) 6 de abril, de 16h a 18h, a rapazada de máis de 9 anos aprenderá, no Pazo da Cultura de Carballo, desde os conceptos básicos da electricidade ata como combinar diferentes compoñentes electrónicos, facer circuítos usando placas de prototipado e soldadura para elaborar os seus deseños usando dispositivos electrónicos e mesmo farán música combinando a electrónica con obxectos cotiáns. O sábado 7, de 10h a 14h, pais e nais e crianzas de máis de 6 anos terán ocasión de mergullarse nas diferentes maneiras de esculcar no mundo microscópico, farán cultivos e incluso fabricarán o seu propio microscopio electrónico que poderán carrexar para a casa. As persoas interesadas poden reservar xa a súa praza, na web do Interplay.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?