Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medio cento de firmas participaron no Foro Tecnolóxico de Emprego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medio cento de firmas participaron no Foro Tecnolóxico de Emprego

Redacción
Publicado: 09/03/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Salustiano Mato, reitor da UVigo, presidindo o acto de inauguración do foro
Salustiano Mato, reitor da UVigo, presidindo o acto de inauguración do foro
Estes días (ata hoxe ao mediodía) celebrouse nas tres enxeñarías do Campus de Vigo (Minas e Enerxía, Industrial e Telecomunicación) a 28 edición do Foro Tecnolóxico de Emprego. Os organizadores do encontro (o alumnado das ditas escolas) puxeron todo da súa parte para superar os 2.500 currículos recollidos na convocatoria do ano pasado, cousa que de seguro confirmarán os días vindeiros. Na cita participaron empresas “clásicas” no foro (Repsol, a operadora de telecomunciacións R, Aluminios Cortizo ou BorgWarner, entre outras) e outras que se estrearon, como por exemplo Televés ou EDF Solar ou Norvento. En total, concorreron medio cento de firmas, 33 con stand de seu. A xuntanza acolleu unha manchea de conferencias, workshops e mesas redondas.
Na inauguración oficial, celebrada a cuarta feira (mércores), o reitor Salustiano Mato retou ás empresas a ser “quen de reter o talento que cada ano sae das aulas”.

No acto de apertura tamén participaron Natalia Caparrini, directora da EE Minas; Íñigo Cuiñas, director da EE de Telecomunicación, e Ana Megías, subdirectora da EE Industrial, que amosaron o seu orgullo porque “unha vez máis o alumnado foi quen de demostrar a súa valía, organizando un evento á altura dos mellores foros de referencia a nivel estatal”. Na cita tamén participaron o coordinador xeral desta edición, Martín Rodríguez, estudante do Grao en Enxeñaría da Enerxía, e máis a responsable da primeira edición do encontro, Patricia Leal, que fixo un percorrido polos inicios da iniciativa na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, uns inicios modestos (o foro celebrouse no aparcadoiro da escola e case tivo que ser cancelado por mor do mal tempo) pero moi esperanzadores, tal e como se demostra na participación (de alumnado, de empresas tecnolóxicas) desta convocatoria actual que hoxe remata.
Entre outras moitas cousas, o foro deu acollida a unha mesa redonda dirixida ao mundo do empredemento, un coloquio co que achegarse á experiencia de antigos alumnos e alumnas que no seu día optaron por montar as súas propias ideas de negocio e que hoxe teñen a satisfacción de vivir da súa propia empresa. Por temas, tratáronse todo tipo de cuestións relacionadas coa innovación e co día a día ao que se van ter que enfrontar as/os estudantes que están a piques de acadar un posto de traballo, ben grazas ao foro, ben grazas a outras canles de comunicación coas emprestas. Os temas principais foron a Internet das Cousas e a Industria 4.0, a xestión da rastrexabilidade (tamén coñecida como trazabilidade),a situación e futuro do sector mineiro en Galicia, as posibilidades do traballo virtual, a información a gran escala (Big Data), etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?