Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG mostra hoxe no Colexio Junior’s de Santiago como traballar a prol das navegacións seguras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG mostra hoxe no Colexio Junior’s de Santiago como traballar a prol das navegacións seguras

Redacción
Publicado: 09/03/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

educar_era_pantallas.jpgEste venres temos unha cita coas novas tecnoloxías e a educación no Colexio Junior’s de Santiago. Trátase da charla Educar na era das pantallas, que imparte o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, e que está prevista para as 16.00 horas na aula de conferencias do centro docente compostelán (emprazado, para quen non o saiba, no número 81 de Roxos – Silvouta). Na cita, Suárez mostrará ás nais e aos pais asistentes os criterios que deben manter á hora de educar ás súas crianzas en relación ás novas tecnoloxías e as redes sociais.

Fernando Suárez será a persoa encargada de impartir a charla
Fernando Suárez será a persoa encargada de impartir a charla
O presidente do CPEIG, para meternos en situación, adiántanos que segundo o estudo Screening do uso problemático de internet entre os adolescentes da comunidade galega (elaborado en 2014 pola Xunta, a USC e o Valedor do Pobo para coñecer os hábitos de uso de Internet entre os estudantes de ESO en Galicia), un 71% dos enquisados afirmaron que usaban acotío a Rede, o 13,5% conéctase máis de 5 horas ao día (22,9% na fin de semana) e un 81% accedía a través do seu móbil. Un dato a ter en conta é que, se atendemos a que xa pasaron catro anos dende a data en que foron presentadas as conclusións da enquisa, e valorando o medre progresivo das TIC nas nosas vidas e das nosas crianzas, é de supoñer que as devanditas cifras aínda serán maiores hoxe en día.
Suárez tamén fai fincapé en que “desta análise extráese que un 8,9% dos enquisados sentiuse algunha vez ameazado ou acosado a través de internet e o 6,8% ameazou ou acosou a alguén”. Ademais, engade, “detectouse un 4% de sexting ou envío de mensaxes sexuais polo móbil e un 31,4% recoñeceu ter contactado con descoñecidos a través da Rede, chegando nun de cada tres casos a quedar fisicamente con eles”.
Tendo en conta todo isto, o presidente do CPEIG comentará na charla desta sexta feira en Compostela todos estes perigos (ciberacoso, ciberbullyng, grooming, phising, os virus e os troianos, contidos desapropiados e contidos falsos, correos lixo, spam ou cadeas e a violación da privacidade) e os xeitos e combatelos. Neste contexto, Fernando Suárez recomenda aos pais e nais que advirtan ao seus fillos e fillas dos riscos dun uso inapropiado de Internet e de como facer unha navegación segura. Explicará tamén como poden protexer os menores a súa privacidade, ordenadores e rede.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?