Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CITIC impulsa unha iniciativa para mellorar a calidade de vida das persoas maiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CITIC impulsa unha iniciativa para mellorar a calidade de vida das persoas maiores

Redacción
Publicado: 20/03/2018
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

Presentación do proxecto en Carballo
Presentación do proxecto en Carballo
Javier Pereira, investigador do Centro de Investigación TIC da Universidade de A Coruña, é un dos artífices do proxecto Geria-TIC, que xa está en marcha en diferentes centros DomusVi da provincia de A Coruña, tal e como lembramos recentemente dende Código Cero. O obxectivo é desenvolver un modelo de medicamento participativo con persoas maiores mediante o uso de dispositivos wearables: pulseiras de medición de actividade e acelerómetros. O propio Pereira cóntanos deseguido en que consiste o proxecto e cal é o seu alcance para unha Comunidade coma a nosa, cunha das poboacións máis envellecidas de Europa.
-Que é Geria-TIC e cales son os seus obxectivos?
-Geria-TIC é un proxecto de desenvolvemento tecnolóxico e industrial que fomenta o empoderamento da cidadanía facéndoa co-partícipe e co-responsable da xeración e acceso dos seus datos de saúde. Promove un modelo onde as persoas podemos achegar datos que poden ser útiles e que se poidan usar por parte do sistema sanitario para elaborar plans máis personalizados de tratamento e mellora de calidade de vida mediante un envellecemento san e activo.
Aprovéitanse as posibilidades da tecnoloxía actual de rexistro de datos fisiolóxicos a través de trebellos que podemos levar postos (wearables) como son os reloxos intelixentes; pulseiras que miden os pasos, sono, ritmo cardíaco; básculas ou termómetros, etc., para crear perfís de saúde que poden ser mellorados mediante diferentes actuacións.
-Como nace esta iniciativa?
-A iniciativa xorde do interese de tres empresas que uniron esforzos para mellorar servizos que estaban a prestar. Por unha banda, a empresa Aldaba Servicios Profesionales, que leva xa anos desenvolvendo solucións que permiten que a cidadanía poida rexistrar datos de saúde a través da súa plataforma ClepIO. Nesta plataforma, a Clínica Cobián, especializada en servizos sanitarios, principalmente en xinecoloxía e obstetricia, estaba interesada en propor solucións innovadoras para mellorar o problema de incontinencia urinaria que sofren un elevado número de mulleres a medida que avanzan en idade.
Presentación en Oleiros e ClepIO pódense consultar en detalle todos os seus servizos.
-Como beneficiará aos usuarios dos centros e ás súas familias?
-Os beneficios dos usuarios é inmediato, xa que están integrados nunha intervención que mellora os aspectos que se traballan: caídas, insomnio e incontinencia. Por outra banda, tamén se ven partícipes do traballo e resultados, xa que poden consultar en todo momento os datos dos que se fai seguimento. Os familiares poden ver o traballo feito polas persoas maiores, comprobar a súa actividade física, a calidade e cantidade de sono de cada día, etc., a través da app ClepIO instalada nos seus teléfonos móbiles.
Todo os detalles do proxecto estamos a publicalos en www.geriatic.udc.es.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?