Durante varios anos o índice elaborado por Klout para medir a influencia que tiñan as persoas a través das distintas plataformas de redes sociais foi todo un referente, pero tras a súa compra en 2014 por parte de Lithium Technologies a compañía non conseguiu manter o seu pulo, en boa medida porque o xeito de medir a influencia tiña cada vez menos sentido, de aí que non sorprenda que dende Lithium considerasen atinado abandonar o servizo, de xeito que Klout deixará de operar a partires o vindeiro 25 de maio.
Dende Lithium aseguran que de Klout conseguiron activos importantes como coñecementos en machine learning e intelixencia artificial, que aplicaron ás súas operacións principais, pero o servizo de Klout non casaba coa estratexia a longo prazo da empresa, polo que decidiron deixalo de lado.
A entrada en vigor do Regulamento Xeral de Protección de Datos da Unión Europea o vindeiro 25 de maio foi un dos motivos que acelerou o peche de Klout, de xeito que dende Lithium preferiron non molestarse en adaptar o servizo á lexislación europea ao deixar de ser unha das súas prioridades.
Klout pechará o 25 de maio
Compartir Este Artigo
