Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Catro investigadores do CITIC premiados a nivel nacional e internacional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Catro investigadores do CITIC premiados a nivel nacional e internacional

Redacción
Publicado: 28/06/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citic_coruna_exterior-2.jpgNas últimas semanas, un relevante número de investigadores do Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade de A Coruña recibiron diversos galardóns a nivel nacional e internacional grazas ao seus traballos, todos eles co nexo común de ser innovadores e revolucionarios en cadansúa área tecnolóxica. Trátase, máis en detalle, de Adrián Gómez-Brandón (premio Capocelli Prize), Ramón Doallo (Premio Nacional de Informática), David Vilares (Premio de Investigación na modalidade de Mozos Investigadores) e Joaquim de Moura (Premio Proxecto Fin de Carreira e Máster en Enxeñaría Informática).

Contidos
  • Adrián Gómez-Brandón
  • Ramón Doallo
  • David Vilares
  • Joaquim de Moura

Adrián Gómez-Brandón

Adrián Gómez-Brandón
Adrián Gómez-Brandón
En primeiro lugar, o investigador da área de ciencia de datos e información do CITIC, Adrián Gómez-Brandón, obtivo o Capocelli Prize, outorgado pola Data Compression Conference 2018 celebrada en Utah (EE.UU.), unha das conferencias máis importantes na área de compresión de datos a nivel internacional. O traballo premiado, Two-Dimensional Block Trees, está enmarcado dentro do proxecto europeo BIRDS, liderado por investigadores da área de ciencia de datos e información do CITIC. Ademais, a investigadora do CITIC Nieves R. Brisaboa é coautora do traballo.
O centro de investigación coruñés salienta que é a primeira vez que un estudante dunha universidade galega recibe a devandita distinción, sendo a segunda para unha universidade española. O Capocelli Prize é un recoñecemento concedido polo Comité de Programa da Data Compression Conference, que se vén realizando anualmente desde 1994.

Ramón Doallo

Ramón Doallo
Ramón Doallo
Seguindo na área de ciencia de datos e información, Ramón Doallo recibiu o Premio Nacional de Informática convocado pola Sociedade Científica Informática de España (SCIE) e a Fundación BBVA, un dos recoñecementos máis prestixiosos a nivel nacional no ámbito da enxeñería informática.
Doallo, que ademais de investigador do CITIC é catedrático da Facultade de Informática da Universidade de A Coruña no Departamento de Enxeñería de Computadores, obtivo o premio na categoría Aritmel, segundo o xurado, “polas súas sobresaíntes achegas á arquitectura e tecnoloxía de computadores ao longo da súa traxectoria investigadora, así como pola súa intensa actividade de transferencia de resultados ao sector empresarial e o seu recoñecido liderado científico”.

David Vilares
David Vilares

David Vilares

Concedido tamén pola SCIE e a Fundación BBVA, David Vilares obtivo o Premio de Investigación na modalidade de Mozos Investigadores. O investigador posdoutoral no laboratorio FASTPARSE do Grupo LYS, pertencente ao CITIC, destacou “polas súas contribucións á investigación en técnicas e algoritmos para o procesamento da linguaxe natural, con especial énfase na aplicación da análise de sentimentos en redes sociais”.

Joaquim de Moura
Joaquim de Moura

Joaquim de Moura

Pola súa parte, o investigador da área de percepción, cognición e interacción do CITIC, Joaquim de Moura, gañou o Premio Proxecto Fin de Carreira e Máster en Enxeñaría Informática, convocado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), polo seu TFM do Máster Universitario en Enxeñería Informática da Universidade de A Coruña, titulado Reconstrución 3D da árbore arterio-venosa da retina a partir de imaxes OCT.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?