Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Investigadores do Campus de Ourense deseñan un dispositivo para localizar augas contaminadas dende drons
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Investigadores do Campus de Ourense deseñan un dispositivo para localizar augas contaminadas dende drons

Redacción
Publicado: 28/06/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dronesf2.jpgInvestigadores do grupo de Óptica Física da Universidade de Vigo, con sede na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do Campus de Ourense, veñen de deseñar e construír un sistema óptico que é quen de empregar os drons para medir o tipo e o grao de contaminación de augas de mares, ríos, lagos ou pantanos. O sistema, sensible e de baixo custo, foi desenvolvido por Daniele Tommasini, Humberto Michinel, José Ramón Salgueiro, Ricardo Javier Bendaña e Alicia Vázquez. O seu proxecto conta con financiamento (convocatoria 2017) do programa Inou da Vicerreitoría e a Deputación de Ourense. Basicamente consiste na montaxe dun dispositivo de seguimento e de diagnóstico inmediato nun vehículo aéreo non tripulado. O seu potencial para o coidado do medio ambiente é enorme, sinalan.
De feito, os investigadores explican que “achar contaminación nun corpo de auga é o primeiro paso para poder proceder á súa limpeza ou realizar as tarefas necesarias de saneamento e prevención na medida en que axudará a coñecer as posibles fontes de contaminación”.
O sistema deseñado neste proxecto emprega a fluorescencia como método de detección e identificación de diferentes tipos de aceite que poidan contaminar a auga. A fluorescencia, detallan, “é a absorción de luz dunha determinada lonxitude de onda seguida da emisión de radiación dunha lonxitude de onda maior”. A maioría dos tipos de sustancias contaminantes, como os aceites, comentan, “absorben fortemente luz ultravioleta e xeran patróns de fluorescencia no visible ou no ultravioleta próximo”. Desta maneira, os sensores de fluorescencia permiten distinguir diferentes tipos de sustancias e mesmo son quen de detectar aceite no xeo ou na neve.
uvigo_drons_inou_ourense_campus.jpgO aparello deseñado consta dunha fonte LED, dun espectrómetro de fluorescencia como detector e dun sistema de amplificación do sinal para illalo do fondo ruidoso. Estes elementos están controlados por un procesador cunha antena emisora e os datos recíbense en tempo real axilizando o proceso de verificación de augas. Os investigadores salientan que o sistema deseñouse pensando “en pousar o dron na superficie de auga a estudar para tomar unha medida”, polo que se lle engadiu ao vehículo aéreo un sistema de flotación.
No futuro a intención do grupo é facer evolucionar o sistema de recollida de datos para poder “facer un varrido sen necesidade de pousar o dron”. Con isto adquirirase maior velocidade no colleitado de puntos de medida e polo tanto meirande velocidade de diagnóstico de contaminación das augas ou un maior número de puntos de medida e, polo tanto, unha maior precisión no diagnóstico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?