Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As finanzas na era dixital, ao detalle en Económicas da USC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As finanzas na era dixital, ao detalle en Económicas da USC

Redacción
Publicado: 03/07/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

economicas_usc.jpgA Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago acolle esta semana unha actividade formativa sobre a banca na Sociedade da Información, poñendo o foco nos desafíos aos que nos aboca o mundo conectado e comunicado. Estamos a falar do curso As novas finanzas no mundo dixital, un curso de verán organizado en colaboración coa delegación en Galicia do Instituto Español de Analistas Financeiros (IEAF), a Fundación ABANCA, e o Grupo de Investigación Valfinap do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Santiago de Compostela.
O obxectivo, segundo explican os organizadores, é “dar a coñecer os retos aos que se enfronta o mundo financeiro trala dixitalización global”. En termos máis concretos, avaliaranse cousas como a transformación da que está a ser obxecto a banca tradicional, o marco regulamentario que abeira estes cambios ou as novas oportunidades empresariais que xorden da adaptación do sector financeiro ao ámbito dixital. Amais, mostraranse casos concretos de éxito de evolución bancaria e de sinerxías axeitadas co novo cliente dixital.
A persoa encargada de impartir os contidos será a profesora Loreto Fernández. O curso desenvólvese mañá e mailo xoves no salón de graos da Facultade de Ciencias Económica e Empresariais. O obradoiro recoñecido academicamente pola USC cun crédito ECTS para todas as titulacións de Grao e o IEAF, con 12 horas de recertificación, seis por cada unha das dúas xornadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?