Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Renóvase o portal do Observatorio da Lingua Galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Renóvase o portal do Observatorio da Lingua Galega

Redacción
Publicado: 04/07/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20180704_1presentacionwebobservatoriolonguagalega2.jpgO portal web do Observatorio da Lingua Galega, ferramenta dixital de acceso libre destinada a informar sobre a situación da lingua galega en diferentes ámbitos, vén de ser obxecto dunha importante remodelación. Así nolo fixeron saber hoxe o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora da axencia AMTEGA, Mar Pereira, acompañados de Miguel Costas, representante da consultora Eosa, xestora do proxecto. Segundo explicaron, a renovación é tamén un xeito de conmemorar os dez anos de actividade do portal e do seu boletín informativo: unha década dando conta da nosa lingua e achegando un espazo de difusión da diversidade lingüística mundial. O resultado dos traballos xa se pode ver en www.observatoriodalingua.gal.
Na presentación, Mar Pereira fixo saber que os labores de posta a punto e o incremento de servizos en liña do portal intégranse na “estratexia da Xunta para consolidar unha Administración dixital”. Tamén lembrou, xunto co secretario xeral e facendo un pouco de historia, que o portal web do Observatorio da Lingua Galega púxose en marcha en 2008 como unha “ferramenta dixital de acceso libre e de balde creada como instrumento divulgativo e informativo sobre a situación da lingua galega en diferentes ámbitos sociais”. Ao longo deste tempo, engadiron, recibiu visitas de máis dun cento de países diferentes (dos 5 continentes) e subscribíronse ao seu boletín máis de 1.200 persoas (de Galicia e do exterior), ás que lle chegaron 500 boletíns con máis de 16 000 novas sobre linguas.
Pereira e García tamén recordaron que no portal están tamén dispoñibles as observacións feitas nunha manchea de canles e escenarios, elaboradas todas elas seguindo unha metodoloxía de traballo centrada tanto na vertente cuantitativa (a través da elaboración e realización de enquisas, levadas a cabo nas diferentes organizacións que integran cada un dos ámbitos sinalados) como na cualitativa (traducida na realización de 25 paneis de escoita en cada un dos cales participaron entre cinco e sete persoas relacionadas co ámbito de análise -148 en total- e asistidas por un grupo de apoio, co obxectivo de “contrastar opinións e debater sobre temas vinculados á lingua galega para recompilar información e valoracións sobre aspectos non tratados nos estudos cuantitativos”).
Polo que respecta á renovación, sinalaron que a web estrea o dominio .gal e unha imaxe “máis moderna e dinámica”, na que “se reducen as seccións e amplíanse os contidos informativos para un aproveitamento máis eficiente e eficaz da súa usabilidade e unha meirande adaptación tanto a novos dispositivos coma ao novo Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD), en vixencia desde o 25 de maio”. Desde a súa páxina de inicio, pódese navegar por seis bloques de información (carrusel de mensaxes, destacados, últimas noticias, axenda de actividades, accesos directos a seccións internas e subscrición ao boletín) e cinco seccións (observatorio, actualidade, proxectos, información e recursos). Canto ao novo boletín, que se continuará enviando aos enderezos electrónicos das persoas subscritas con periodicidade semanal, cada xoves, configúrase en seis bloques de información (nova en portada, novas de Galicia, de España e do mundo, axenda e destaques), cun deseño no que “priman a cabeceira e o contido gráfico”, explicaron.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?