Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ABANCA incorpora blockchain ás súas oficinas para mellorar en sustentabilidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ABANCA incorpora blockchain ás súas oficinas para mellorar en sustentabilidade

Redacción
Publicado: 05/07/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20180704-blockchain-oficinas-1-hd-599e7f3f.jpgNo camiño dunhas meirandes eficiencia e sustentabilidade, ABANCA vén de activar na súa rede de oficinas un proxecto de blockchain ou cadea de bloques, unha tecnoloxía que basicamente elimina os intermediarios e descentraliza a xestión das tarefas diarias, introducindo un extra de seguridade. Polo que respecta ao proxecto da entidade galega, chámase ABANCA Ithium e está baseado na asignación de valor virtual ou tokenización de activos enerxéticos.
Foi desenvolvido en colaboración coas empresas tecnolóxicas GodEnigma e Ecomt e iniciouse nunha oficina da Coruña (Praza de Lugo), en palabras da entidade financeira galega “un dos espazos de referencia da entidade no ámbito das novas tecnoloxías e xestión eficiente”.
20180704-blockchain-oficinas-2-hd-2c9ce102.jpgEn liñas xerais, o proxecto piloto habilitado na sucursal coruñesa consistiu na instalación dun nodo de blockchain que grava os datos de consumo enerxético e emisións de CO2 nun sistema de base de datos distribuída mediante cadea de bloques, “de forma segura, inmutable, certificable e sen intermediarios”, sinala a banca galega, engadindo que, deste xeito, “os aforros enerxéticos que se rexistran neste libro contable convértense nun valor virtual ou token”, que permiten a ABANCA asignarlles un valor económico.
A entidade galega lembra que é “o primeiro ente financeiro en realizar este tipo de transaccións”. Tamén explica que, de primeiras, esta tokenización de activos enerxéticos será utilizada pola entidade para o seu uso interno. Nunha segunda fase, está previsto estender o desenvolvemento deste proxecto tecnolóxico a outras oficinas da entidade e “experimentar coas transaccións xeradas novos modelos de negocio e de financiamento na economía verde e sustentable, como apoio a empresas xeradoras de enerxías limpas ou que impulsan a eficiencia enerxética”.
O director de Innovación de ABANCA, Eduardo Aldao, afirma que “con este novo proxecto de innovación, damos un paso moi importante no noso obxectivo de ser líderes en sustentabilidade e na implantación real do mecanismo blockchain en diferentes áreas do negocio financeiro, aproveitando todas as posibilidades que ofrece o intercambio de activos dixitais de forma segura e e sen intermediarios”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?