Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ribeira, proposta oficialmente como Concello Emprendedor Doing Business
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ribeira, proposta oficialmente como Concello Emprendedor Doing Business

Redacción
Publicado: 09/07/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

computador_moza.jpgO termo municipal de Ribeira vén de ser proposto oficialmente como novo Concello Doing Business Galicia – Concello Emprendedor. A iniciativa, feita pola Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), ten o obxectivo de salientar, visualizar e recoñecer a calidade e a cantidade de recursos o municipio coruñés para acubillar proxectos innovadores de mercado. Esta proposta compleméntase coa entrada en vigor (o 19 de xuño) das novas bonificacións fiscais recollidas nos impostos sobre bens inmóbeis (IBI), actividades económicas (IAE) e construcións, instalacións e obras (ICIO), iniciativas todas elas compartindo o mesmo obxectivo: achandar o camiño dos novos proxectos empresariais.
A proposta a prol do recoñecemento de Concello Emprendedor foille notificada á Administración local despois de que na sesión da comisión técnica encargada do seguimento desta iniciativa celebrada o 22 de xuño, se acordase propoñer a habilitación da devandita distinción por “cumprir cos requisitos esixidos no correspondente protocolo”.
Respecto das vantaxes fiscais ás que teñen dereito agora os empresarios que se animen a emprender no municipio ribeirense (base, en parte, do dito recoñecemento), cómpre sinalar que atinxen ao IBI (ao abeiro do cal fíxase unha bonificación de ata o 95% da cota íntegra do imposto a favor de inmóbeis urbanos nos que se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias de fomento do emprego), ao IAE (que vén cunha bonificación de ata o 95% da cota correspondente) e ao ICIO (que tamén inclúe rebaixas de ata o 95% sobre o imposto a favor das construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración).
Doing Business
En abril deste ano a listaxe de concellos aspirantes a integrarse na rede Doing Business estaba formada por máis dun centenar de administracións, sendo 47 os concellos finalmente recoñecidos con tal distinción (o primeiro dos cales foi o de Ourense). O programa, deseñado para favorecer a captación de investimentos empresariais, é froito dun convenio marco para a captación de investimentos asinado pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provinciais. Os Concellos Doing Business, en virtude desta iniciativa, están en capacidade de achegar máis incentivos fiscais, meirande simplificación administrativa e máis facilidades de acceso a solo empresarial para empresas de nova creación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?