Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ferrol acollerá a nosa primeira estrutura investigadora en Industria 4.0
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ferrol acollerá a nosa primeira estrutura investigadora en Industria 4.0

Redacción
Publicado: 10/07/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornada_innovacion_2_1_.jpgO Campus Industrial de Ferrol organizou esta mañá a xornada de innovación Aposta pola Industria Intelixente de Ferrolterra, na que participou medio centenar de persoas, principalmente membros dos tecidos universitario e empresarial da contorna. No marco da xornada, amais de diferentes propostas para facer avanzar dixitalmente os sectores produtivos da bisbarra, presentouse o proxecto da Universidade da Coruña de creación da agrupación estratéxica de investigación i3.
O reitor da UDC, Julio Abalde, explicou no acto inaugural que o cometido desta rede responde ao obxectivo de dar forma a unha “unha organización máis competitiva e multidisciplinar e cunha maior transferencia de coñecemento de cara ás empresas e á industria da área de Ferrol”.
Pola súa banda, Anne Gosset, coordinadora desta agrupación, concretou a proposta que integra a investigadores do Campus de Ferrol de sete grupos de traballo. Segundo fixo saber, a investigación desta agrupación, denominada i3, está orientada aos sectores estratéxicos de Galicia do naval, enerxía e téxtil, e o seu obxectivo é a creación do Centro de Investigación de Excelencia no marco da Industria Intelixente e a Fabricación Avanzada, que se chamará Ci3.
Gosset engadiu que a proposta será presentada ante a Xunta de Galicia, que decidirá a súa aprobación, e no caso de que a conceda será “a primeira estrutura investigadora de Galicia orientada de maneira exclusiva á industria intelixente”.
No acto de inauguración, o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, declarou que “desde a Xunta sempre se apostou porque as universidades sexan líderes en investigación en Galicia”. Díez de Castro asegurou que “as universidades estanse a transformar sen facer moito ruído” e que “hai unha revolución silenciosa nos campus”, insistiu.
Na apertura da xornada participou tamén a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, quen tamén felicitou á UDC non só pola organización desta xornada senón “pola visión e orientación deste campus cara ao contorno industrial no que nos atopamos”. Segundo fixo saber, “a especialización dos campus é unha necesidades e neste caso, a UDC está sabendo dar resposta ao contorno da comarca de Ferrol e da industria intelixente que desde a Axencia tamén estamos tratando de impulsar”.
A xornada continuou toda a mañá con diversas intervencións en que participaron representantes de diversas asociacións empresariais e industriais da comarca, nunha sesión que, como dixemos, contou coa asistencia de medio centenar de persoas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?