Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG mostra as posibilidades do virtual para reconstruír a arquitectura que xa non é
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG mostra as posibilidades do virtual para reconstruír a arquitectura que xa non é

Redacción
Publicado: 10/07/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ccg_ac_2018_imaxe-arquitecturas-esvaecidas.jpgO Consello da Cultura Galega (CCG) vai analizar nunhas novas xornadas as posibilidades das novas tecnoloxías para refacer o pasado: para levarnos de volta, con realidades recreadas e experiencias vívidas, a espazos que apenas existen ou que xa non existen en absoluto. As xornadas Arquitecturas esvaecidas: Da iconografía histórica á reconstrución virtual en Galicia comezan este 10 de xullo e nelas mostrarase o potencial das distintas fontes gráficas de carácter histórico para estudar o patrimonio arquitectónico e urbano que desapareceu ou para recuperalo. O estudo destas fontes gráficas, unido á súa confluencia coas reconstrucións virtuais máis avanzadas, fan posible a milagre de re-vivir de verdade o que xa pasou.
Jesús A. Sánchez García, Julio Vázquez Castro e Alfredo Vigo Trasancos son os coordinadores e membros do grupo de investigación de Historia da Arte, da Arquitectura e do Urbanismo (HAAYDU) da USC que darán a coñecer en primicia algúns exemplos galegos reconstruídos que, segundo informa o CCG, “fan revivir varios monumentos perdidos ou que chegaron a nós moi seriamente transformados”.
Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega inaugurará as xornadas, organizadas pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG).
As sesións, amais dos devanditos obxectivos, buscan dar visibilidade a arquivos e centros de investigación que atesouran legados iconográficos de gran valor. Con esta finalidade, contarase coa presenza de persoas expertas que achegarán o traballo que se está a desenvolver en entidades galegas para o coñecemento e divulgación dos fondos iconográficos para a historia da arquitectura e da cidade en Galicia. É o caso de Mª de la O Suárez Rodríguez, arquiveira municipal da Coruña; Cristina Echave Durán, conservadora do Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra, e Guillermo Escrigas (CGAI).
Pola súa banda, Francisco Javier Rodríguez Barberán, profesor titular da Escuela Técnica Superior de Arquitectura da Universidade de Sevilla falará sobre O mundo de onte. Os debuxos de Richard Ford (1830-1833) como rexistro de ausencias e Helena Pérez Gallardo, profesora do Departamento de Arte Contemporánea, Universidade Complutense de Madrid realizará un relatorio sobre a fotografía histórica e os monumentos españois desaparecidos.
Logo destas presentacións xerais achegaranse distintos traballos realizados por membros do grupo de investigación de Historia da Arte, da Arquitectura e do Urbanismo (HAAYDU) da Universidade de Santiago de Compostela. Así, Paula Pita Galán falará sobre Galicia nos fondos do Institut d´Estudis Fotogràfics de Catalunya; Jesús A. Sánchez García presentará o proxecto Memoria, textos e imaxes e, finalmente, Julio Vázquez Castro e Alfredo Vigo Trasancos darán conta de monumentos recuperados: as Torres de Altamira e da Real Fábrica de Biscoito de Neda á Casa do Capitán Xeral de Ferrol, respectivamente.
Pola súa banda, Carlos Paz de Lorenzo, deseñador gráfico de Noma Estudio, quen levou a cabo estes traballos dende o punto de vista técnico, explicará as posibilidades da iconografía antiga e reconstrucións 3D.
O evento será retransmitido en streaming dende a web institucional www.consellodacultura.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?