Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Executivo central investirá 100 millóns na dixitalización das empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Executivo central investirá 100 millóns na dixitalización das empresas

Redacción
Publicado: 11/07/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

reyes_maroto_ministra.jpgO Goberno central vai adicar 100 millóns de euros á transformación dixital das empresas. E farao a través do programa Industria 4.0, sendo o obxectivo da iniciativa que “o tecido produtivo estatal non fique atrasado na revolución tecnolóxica”. Ademais, a medida busca facer máis competitiva a economía española: unha factoría reforzada e sustentable de creación de emprego. O dito orzamento foi dado a coñecer pola ministra de Industria, Reyes Maroto, no transcurso do Congreso Digitales Summit, que se celebrou esta semana en Madrid.
Segundo engadiu, o Goberno central está “comprometido co impulso da transformación dixital da economía e a sociedade” e atópase mergullado nun proceso de transformación para mellorar o talento tecnolóxico e fomentar a formación en eidos como a ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas. “Cómpre promover un modelo de aprendizaxe continua en competencias dixitais que dea resposta ás necesidades presentes e futuras”, sinalou a ministra, engadindo que é “unha obriga” apoiar ás empresas nos seus procesos de dixitalizacion, “xa que non é unha opción para as empresas, senón que se converteu nun imperativo para non verse desprazadas no mercado”.
Ao abeiro deste plan, o Ministerio prepara múltiples actuacións, como a creación dun programa para fomentar a transformación intelixente da industria e os servizos, que contará coa participación doutros ministerios pola natureza transversal da dixitalización, así como coa dos axentes sociais e os principais actores da transformación innovadora da economía española.
Maroto tamén engadiu que España ocupa o posto 14 da UE en canto a competencias dixitais da poboación e que o país “carece de modelo de formación que prepare aos traballadores para os cambios que se van a producir nese futuro próximo”. Esta é a razón de que salientase a necesidade de achegar unha “oferta formativa en todas as etapas da vida en competencias dixitais avanzadas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?