Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha investigadora da UVigo salienta a relación entre o exceso de computador e os problemas cervicais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha investigadora da UVigo salienta a relación entre o exceso de computador e os problemas cervicais

Redacción
Publicado: 13/07/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_tania.jpgHai conexión entre o tempo que pasamos diante da pantalla dun computador, avaliando datos de maneira exhaustiva, e as doenzas cervicais? Sen dúbida si, e cómpre que teñamos en conta esa relación causa-efecto á hora de poñer en práctica metodoloxías que atenúen as consecuencias dunha mala postura diante do noso equipo, ou dun exceso de tempo perante unha pantalla rebordante de información sen acompañar dos debidas medidas de distensión. Isto é o que nos lembra a investigadora da UVigo Tania García na súa tese de doutoramento, realizada con con traballadores da Consellería de Sanidade.
Segundo indica no seu traballo, existe unha clara “relación significativa” entre o tempo que as persoas fican sentadas nunha pantalla de visualización de datos e o índice de discapacidade cervical, “o grao de afectación” na vida diaria da dor de pescozo.
A investigadora, que pertence ao grupo Gies-10 da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do Campus de Pontevedra, sinala que “a relación entre a postura durante o traballo co ordenador e a dor de pescozo segue sendo discutible”, xa que “aínda non están claras as relacións existentes na literatura científica”. De aí que o propósito central da súa tese (Análise descritiva-interpretativa sobre o impacto das pantallas de visualización de datos na postura corporal, dirixida pola profesora Águeda Gutiérrez) fose afondar nos efectos destas pantallas nunha patoloxía, como son os problemas cervicais, que segundo datos da Organización Internacional do Traballo (OIT) sofren preto do 40% dos traballadores e traballadoras.
O seu traballo incluíu enquisas pormenorizadas a 90 voluntarios e voluntarias da dita Consellería e, entre outras cousas, a posta en práctica dunha técnica da fotogrametría (a realización de fotografías tres metros por riba do suxeito) que foron analizadas a través dun software de avaliación postural. Este método permitiulle constatar “que todos os participantes no estudo mostraban algún tipo de alteración postural”. Concretamente, o 76% presentaba un ángulo de cabeza adiantado, aspecto que, explica, “correlacionouse coa presenza de dor cervical”, mentres que o 51% presentaba os ombreiros redondeados, situados de xeito adiantado respecto do “modelo postural ideal”.
Tamén achou “relacións significativas” que constatan a influencia do índice de masa corporal na postura cervical ou a relación entre o uso do teléfono móbil e os ángulos do ombreiro, máis adiantados nos casos das persoas que lle daban maior uso.
Tendo en conta as conclusións do seu estudo, a investigadora salienta nas conclusións que as intervencións en materia de saúde no ámbito laboral “deberían centrarse non só no aumento dos niveis de actividade física, senón tamén en reducir o tempo que os empregados pasan sentados no traballo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?