Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Despois do verán abrirase a primeira convocatoria dos Hubs de Innovación Dixital que promoverá a Xunta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Despois do verán abrirase a primeira convocatoria dos Hubs de Innovación Dixital que promoverá a Xunta

Redacción
Publicado: 16/07/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20180716_conde_02.jpgO conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe nunha xornada celebrada en Santiago de Compostela que a Xunta vai impulsar a posta en marcha de Hubs de Innovación Dixital como punto de encontro entre a empresa, a investigación e o financiamento. Despois do verán realizarase a primeira convocatoria, baixo concorrencia competitiva, para identificar os Hubs que todos os axentes do sistema innovador queren impulsar en Galicia.
A través da fórmula dos Hubs de Innovación Dixital, a Administración autonómica busca cohesionar a todos os axentes en torno a sectores estratéxicos, para incentivar a colaboración entre eles e que iso dea lugar a novos proxectos conxuntos, de carácter novidoso e con capacidade para posicionar a innovación galega en Europa.
O obxectivo é que centros de coñecemento e empresas poidan desenvolver unha estratexia de colaboración firme, buscar os socios axeitados, establecer canles de comunicación, aliñar procesos e responder de forma flexible ás demandas do mercado e da sociedade. Así, os Hubs permitirán un mellor rendemento de todas as capacidades do sistema de innovación galego, facilitando o acceso das empresas ás oportunidades existentes no sector tecnolóxico. Neste sentido, o conselleiro sinalou que a Xunta xa mantivo encontros con 65 axentes de todo o ecosistema de innovación galego para avanzar no desenvolvemento dos Hubs.
20180716_conde_01.jpgConde, que participou nun encontro sobre estratexias de apoio á Industria 4.0, incidiu na importancia da innovación colaborativa, converxendo empresas, centros de coñecemento e Administración, para impulsar a I+D+i e potenciar o desenvolvemento da nova revolución industrial. Sinalou neste sentido que a cooperación entre todos os axentes é a mellor fórmula para activar todos os resortes que compoñen o ecosistema de innovación, e aliñalos coas necesidades do tecido produtivo.
O reto é que a industria se sume á dinámica do descubrimento, que move o traballo dos centros tecnolóxicos e de innovación. Ese é precisamente o obxectivo do Plan Galicia Innova 2020, cun investimento público-privado de 1775 millóns de euros, para propiciar esa conexión entre o ámbito científico-tecnolóxico e a empresa.
Esta nova folla de ruta permitirá seguir fomentando o esforzo compartido que ten permitido que Galicia estea incrementando o gasto en I+D per cápita, o persoal contratado e o número de investigadores por cada 1000 ocupados. Ademais, a comunidade estase consolidando como a sexta en solicitudes de patentes.
Estes datos deixan de manifesto que a innovación e a tecnoloxía se atopan nun punto de inflexión sen precedentes que desembocará nun aumento da produtividade e nun maior crecemento económico. Apuntou Conde que a Industria 4.0 obriga ás empresas a pensar en como os mundos en liña e fóra de liña traballan xuntos na práctica, subliñando que o primeiro obxectivo dos hubs será precisamente axudar as empresas a integrar ese mundo online a través de proxectos de innovación punteiros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?