Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: MediaMarkt adestrará estudantes galegos nas súas tendas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

MediaMarkt adestrará estudantes galegos nas súas tendas

Redacción
Publicado: 17/07/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Entrada e aparcamento do Media Markt de Santiago
Entrada e aparcamento do Media Markt de Santiago
MediaMarkt e o IES de Vigo veñen de lanzar novamente a súa iniciativa conxunta de formación profesional para estudantes da nosa terra. Máis polo miúdo, trátase do Ciclo Formativo de Formación Profesional Dual de Grao Superior en Xestión de Vendas e Espazos Comerciais. A parte teórica do curso, que ten o obxectivo de fomentar a empregabilidade da xente nova e “profesionalizar o sector da electrónica”, realizarase no IES de Vigo e a parte de formación en empresa, en calquera das tendas MediaMarkt de Galicia.
A actividade, que ten unha duración de dous anos, achegando recursos e adestramento en materia de comercio e electrónica, pon en xogo opcións de optar a un contrato laboral en MediaMarkt. De feito, a compañía lembra que ten un acordo coa Xunta de Galicia para poder participar neste proxecto co-responsabilizarse da formación dos estudantes.
As persoa que queiran participar no curso deberán ser maiores de idade, residentes en Galicia e ter un ciclo formativo de grao medio ou a proba de acceso aprobada.
A cadea de vendas de produto de electrónica e informáticos recorda que leva máis dunha década apostando e colaborando con distintos proxectos de formación dual, unha metodoloxía de aprendizaxe e adestramento que permite aos alumnos combinar formación teórico-práctica compaxinando o ensino de conceptos nos centros de estudos coa aplicación real deses conceptos nas tendas e servizos centrais da empresa.
MediaMarkt conta con cinco tendas en Galicia dos 85 establecementos en toda España: tres na Coruña, unha en Lugo e unha en Pontevedra. Esta é a terceira promoción que se forma nos comercios da compañía.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?