Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O observatorio OSIMGA aposta pola sinxeleza e a accesibilidade no seu novo portal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O observatorio OSIMGA aposta pola sinxeleza e a accesibilidade no seu novo portal

Redacción
Publicado: 17/07/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

osimga_novo_portal.jpgUn dos nosos principais recursos para tomarlle o pulso á Galicia dixital, o Observatorio para a Sociedade da Información (OSIMGA), está estes días de estrea: lucindo unha web renovada. Quen queira comprobalo poderá facelo na web www.osimga.gal, que ofrece un deseño moito máis gráfico e unha distribución dos elementos que posibilita meirande sinxeleza no acceso e máis no uso.
Tamén incorpora o deseño responsive que facilita a navegación dende diferentes dispositivos, e máis unha estrutura remodelada que se dirixe a garantir que as usuarias e os usuarios cheguen da maneira máis rápida e doada posible ao contido ou elemento que procuran.
Segundo lembra a axencia AMTEGA, da que depende o observatorio, o portal do OSIMGA é a principal ferramenta de difusión pública das actividades realizadas polo Observatorio como organismo de xestión, información e vixilancia da evolución da sociedade da información en Galicia. Este portal, engade a axencia, “é unha canle aberta de comunicación e difusión dos datos, informacións, estudos e outros materiais elaborados polo observatorio”.
En 2017, osimga.gal recibiu 121.878 visitas, un 5,2% máis que o ano anterior, e o número medio mensual de visitas ao web situouse en máis de 10.100.
O portal leva en marcha dende hai sete anos e, segundo lembra a axencia, os cambios e avances experimentados ao longo dese tempo fixeron necesaria unha remodelación na forma de presentar os datos e nos xeitos empregados para permitir o acceso a eles. Así, amais do cambio visual, realizouse unha reorganización dos contidos destacados, “de xeito que a lectura sexa máis limpa e clara”.
Entre as novas seccións, cómpre salientar o apartado de Estatísticas, que ofrece un Cadro de Mando cos principais indicadores da Sociedade da Información en Galicia, conforme ao Plan Galego De Estatística 2017 – 2011 da Comunidade Autónoma de Galicia. Outra novidade é a sección Informes, estudos coa información estatística máis ampla e detallada sobre as TIC existente en Galicia, cunha consulta sinxela por categoría ou anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?