Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG e AMTEGA ofrecen este verán máis de 30 xornadas argalleiras para a rapazada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG e AMTEGA ofrecen este verán máis de 30 xornadas argalleiras para a rapazada

Redacción
Publicado: 19/07/2018
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

xornadas_robotica._programacion_escornabot_escornabot.jpgA rapazada que queira tecnoloxía este verán, tecnoloxía da que se fai coa mans de cada quen, vaina ter. E entre as entidades encargadas de proporcionarlla están o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e máis a a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), que unen forzas novamente para organizar dende xullo ata setembro unhas xornadas sobre robótica, pilotaxe de drons e creación de personaxes para videoxogos. As actividades están enmarcadas no programa Tech Kids, destinado a fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre a mocidade galega.
Segundo informan, desenvolveranse máis de 30 xornadas nas aulas CeMIT en diversos concellos das catro provincias galegas (Fisterra –mañá venres-20 de 9 a 14 horas na Aula de Deportes do Concello de Fisterra–, Arzúa, Bande, Carballedo, Beariz, Brión, Boiro, Ortigueira, Leiro, Guitiriz, Tomiño, Padrón, Xunqueira de Ambía, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Santa Comba, Coruña, Cuntis, San Sadurniño, Cerceda, Abegondo, Valga, Celanova, Pontedeume, Ribadeo, Pontevedra, Vimianzo –outros pendentes de confirmación). O CPEIG e AMTEGA tamén sinalan que os mozos e mozas interesados en participar nestas xornadas deben inscribirse na Aula CeMIT da súa localidade.
xornadas_de_robotica._programacion_de_videoxogos_con_makey_makey.jpgO tesoureiro do CPEIG e responsable do programa Tech Kids, Francisco Rodríguez, sinala que tanto o colexio profesional como a axencia teñen como obxectivo “fomentar o talento dixital das nenas e nenos de toda Galicia”. De feito, indica que cómpre asumir que a transformación tecnolóxica tamén atinxirá aos nosos xeitos de formarnos, traballar e producir, e, en base a isto, “moitos dos empregos actuais desaparecerán e haberá novos traballos con competencias no ámbito dixital”. En concreto, explica que “estes obradoiros pretenden mellorar a conciencia entre a xente nova de que a aplicación de computación e codificación para os problemas sociais reais pode axudar a cambiar o mundo”.
O representante do CPEIG apunta que nestas sesións celebraranse competicións nos distintos ámbitos do programa Tech Kids: programación, robótica, manexo de drons, creación de personaxes para videoxogos…, de xeito que se ofreza aos mozos e mozas unha oportunidade para “achegarse de forma lúdica e divertida á tecnoloxía e á enxeñaría en informática”. A mocidade participante, salienta, “deberá superar distintos retos e desafíos, aprendendo e poñendo en práctica o seu talento dixital e amosando a súa capacidade de resolución de problemas, ao tempo que desenvolverá competencias persoais como a creatividade e o interese pola ciencia e tecnoloxía”. Tamén se fará fincapé no fomento do talento dixital feminino, “para que as nenas e rapazas vexan a computación e a enxeñería como algo propio delas e consideren a profesión de Enxeñaría en Informática como un traballo que as axudará a acadar os seus soños e ambicións”.
Retos en programación e electrónica
Nas xornadas de retos de programación e robótica (Stem Scape Room), os desafíos para os participantes xirarán ao redor da iniciación á programación con Escornabot, Printbot ou programación de videoxogos con Makey Makey.
O reto da programación con Escornabot consistirá en percorrer un circuíto con obstáculos levando dun punto a outro o robot. Os rapaces terán que programar o Escornabot para que evite as dificultades e consiga chegar á meta dunha soa peza. A finalidade deste taller é iniciar aos nenos e nenas nos primeiros conceptos da programación, análise, resolución e ordenación.
xornadas_de_robotica._programacion_con_printbot.jpgO reto da programación con Printbot consistirá en programar un código que se executará no robot, que terá unha electrónica capaz de seguir unha liña negra sobre un fondo branco. “Os máis pequenos aprenderán a programar cunha linguaxe visual o código preciso para que o robot sexa quen de seguir a liña”, sinala o CPEIG.
Polo que atinxe ao reto da programación de videoxogos con Makey Makey, os cativos usarán esta ferramenta para achegarse á electrónica creando un proxecto no que se simulará o xogo de mesa de operación. Utilizando como linguaxe de programación o Scratch, os participantes programarán o seu propio videoxogo de operación.
Piloto de drons
A xornada de iniciación na pilotaxe de drons está destinada a rapaces e rapazas de entre 8 e 16 anos que coñecerán as súas partes, como se montan e como son capaces de voar. Tamén farán unha práctica empregando dous tipos de aeronaves: un overcraft (para entender os controis e movementos) e un dron co que percorrerán un circuíto e mesmo competirán entre eles.
Do deseño na fase de concept art ata o modelado en 3D
E a última das xornadas, titulada Deseña a túa personaxe, estará destinada á creación de personaxes para videoxogos. Os máis pequenos aprenderán a crear un personaxe desde o seu deseño na fase de concept art ata o seu modelado en 3D. Ademais, coñecerán os trucos precisos para enfrontarse aos puntos clave do proceso, como son a anatomía, dimensións, proporcións, sensacións que debe transmitir, así como a ambientación e historia do personaxe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?