Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Educación impulsa a I+D+i na Universidade da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
I+D+i

Educación impulsa a I+D+i na Universidade da Coruña

Redacción
Publicado: 23/07/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20180721_udc_xunta_02.jpgO conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; e o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Albalde, asinaron un convenio de colaboración a través do cal o departamento educativo da Xunta de Galicia mobiliza un total de 1.709.000 euros para impulsar novas accións de I+D+i na universidade coruñesa.
O obxecto deste convenio é establecer as condicións para o desenvolvemento de novas accións estratéxicas neste eido co fin de estruturar e potenciar a actividade investigadora da propia UDC. En concreto, as actuacións centraranse arredor dos campus de especialización Industrial de Ferrol, Innova e da Sustentabilidade, ademais de en investimentos materiais e inmateriais en centros de investigación, entre outros.
Deste xeito o departamento educativo da Xunta de Galicia continúa fortalecendo a estratexia de especialización de campus, ademais de ofrecer apoio ao desenvolvemento da investigación universitaria, en consonancia coa aposta polo crecemento intelixente que fai o Plan estratéxico de Galicia 2015-2020.
No referido ao Campus Industrial de Ferrol, entre as actuación figura a realización dun acondicionamento das infraestruturas, equipamento básico e recursos docentes para adaptalos ás novas necesidades docentes, co fin de acadar unha docencia moito máis interactiva, cunha visión práctica e con novos medios tecnolóxicos que estimule a aprendizaxe grupal e a iniciativa emprendedora do estudantado.
No que atinxe aos Campus Innova e Campus da Sustentabilidade (este último presentado o pasado 26 de xuño), o convenio contempla actuacións para impulsar a posta en marcha destes dous campus centrais da Coruña, así como para presentar á sociedade estas dúas accións de especialización que se veñen a sumar ao Campus Industrial de Ferrol.
20180721_udc_xunta_01.jpgO principal obxectivo do Campus Innova é consolidarse en áreas de coñecemento vinculadas á innovación nas tecnoloxías da información e comunicación, á innovación aplicada á edificación e enxeñería civil e ás tics aplicadas ás humanidades e contidos dixitais. No caso do da Sustentabilidade, centrarase en áreas de coñecemento vinculadas ao urbanismo e paisaxe; á sustentabilidade ambiental, social e económica; e á vida saudable e o deporte.
Así, entre as accións subvencionables ao abeiro do convenio están os materiais divulgativos e promocionais, así como o servizo de oficina técnica, que permitirá realizar a coordinación de todas as actividades.
Neste mesmo marco, contémplanse accións de internacionalización centradas en implantar programas académicos bilingües, o desenvolvemento de máis doutorados europeos ou a participación en convocatorias de proxectos de investigación europeos ou programas específicos no eido das TIC.
Non faltan accións dirixidas á mellora de unidades e centros de investigación, renovación tecnolóxica e promoción da investigación e transferencia; á implantación continua de medidas singulares para a potenciación da investigación e da transferencia; ás políticas de aforro enerxético e reformas que permitan a sustentabilidade dos edificios universitarios.
Entre outros centros, beneficiaranse deste convenio a Escola Internacional de Doutoramento (EID), o Servizo de apoio á investigación (Edificio LERD), o Edificio de Servizos Centrais de Investigación (ESCI), as facultades de Socioloxía e Arquitectura, o Centro de Investigación de Tecnoloxías da Información e Comunicación (CITIC), ou o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

I+D+i

Lorenzana analiza cos principais centros tecnolóxicos galegos as liñas de traballo en innovación

19/10/2026
I+D+i

Máis de 200.000 euros para a internacionalización da I+D+i dos centros tecnolóxicos galegos

07/09/2026
I+D+i

Román Rodríguez destaca o esforzo innovador de Viña Costeira en viticultura rexenerativa e dixital

17/08/2026
santiago_cesga.jpg
I+D+i

A Xunta financia a contratación de 172 investigadores posdoutorais e predoutorais con máis de 30 millóns de euros

04/08/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?