Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentan en Vigo o novo modelo de sala de vistas dixital que está a implantarse no ámbito xudicial galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentan en Vigo o novo modelo de sala de vistas dixital que está a implantarse no ámbito xudicial galego

Redacción
Publicado: 23/07/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20180723_senda.jpgO vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora da AMTEGA, Mar Pereira, visitaron esta mañá o Xulgado de Familia 1ª Instancia de Vigo, un dos dez órganos que neste momento dispón de sala de vistas dixital, que permite a celebración de vistas sen papeis. Este tipo de salas están equipadas con elementos tecnolóxicos de última xeración e deseñadas para dar reposta ás necesidades actuais e futuras que poden darse no transcurso das mesmas.
Rueda avanzou que se está a traballar para implantar este modelo noutras 30 salas de vistas a partir de 2019. Tamén asistiron o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves; o xuíz decano de Vigo, Germán Serrano; o xuíz titular do Xulgado de Familia, Daniel Tomás e o secretario coordinador da provincia de Pontevedra, José Tronchoni.

Contidos
  • Equipamento tecnolóxico de última xeración
  • Plan Senda

Equipamento tecnolóxico de última xeración

As salas de vistas dixitais están dotadas cun software de uso sinxelo e intuitivo desde o que o auxilio xudicial manexa un equipamento tecnolóxico de última xeración: micrófonos dixitais con calidade de audio profesional; cámaras de vídeo de alta definición no estrado e no fondo da sala con zoom robotizado; videoconferencia integrada; e pantalla para visualizar a sala desde as diferentes perspectivas e tomas de datos para a conexión de equipos.
Ademais da mellor calidade de son e imaxe coa que se rexistran as vistas, esta solución integrada ofrece unha imporante serie de vantaxes para o desenvolvemento dos xuízos. Xuíces e fiscais poden acceder desde os seus equipos ao Visor do Expediente Xudicial Electrónico sen necesidade de empregar documentos en papel. Ademais, facilita a visualización e gravación de probas físicas desde distintos puntos da sala e posibilita a participación de persoas desde fóra da sala con garantías para testemuñas protexidas e menores.

Plan Senda

A dixitalización das salas de vistas é un paso máis na modernización da Xustiza en Galicia cuxa folla de ruta é o Plan Senda 2020, cun orzamento de 26 millóns de euros. Esta estratexia está a consolidar o traballo previo realizado no Plan Senda 2014 e que sentou as bases do Expediente Xudicial Electrónico en Galicia, onde están en marcha todas as pezas que permitirán unha xustiza integramente dixital.
Unha das pezas angulares desa xustiza sen papeis é repositorio unificado xudicial que centraliza, nun punto único, toda a información xudicial, datos e documentos, xerada diariamente na tramitación procesual de calquera procedemento en calquera órgano xudicial Este repositorio permite a consulta de case nove millóns procedementos e 16 millóns de documentos online
Nos últimos anos puxéronse a disposición dos profesionais da xustiza diferentes solucións para facilitar a dixitalización das súas funcións e cuxo uso estase a intensificar. Así, no primeiro semestre do ano asináronse dixitalmente máis de 283.000 documentos, catro veces máis que os asinados durante o mesmo período do ano pasado. As consultas ao Visor do Expediente Electrónico Xudicial entre xaneiro e xuño ascenderon a preto de 22.000, o dobre que no mesmo período do ano pasado.
En canto ao equipamento que facilita á implantación das salas de vistas dixitais, cómpre lembrar que preto do 90% das salas de vistas de Galicia dispoñen de sistema de gravación de vistas con sinatura dixital eFidelius e todos os órganos xudiciais contan con sistema de videoconferencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?