Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A taxa de familias galegas conectadas supera a media estatal por vez primeira
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A taxa de familias galegas conectadas supera a media estatal por vez primeira

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/07/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tecleando_computador_traballando_computadora.jpgSegundo o máis recente estudo do observatorio autonómico OSIMGA, as galegas e os galegos vimos de superar por vez primeira a media estatal en porcentaxe de fogares con Internet, sendo a taxa relativa a este dato de 84,1%, 5,4 puntos porcentuais máis có ano anterior. En termo europeos, estariamos a menos dun punto de diferenza. Estas e outras informacións figuran en Diagnóstico sobre a Sociedade da Información nos fogares galegos, que publica hoxe o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á AMTEGA.
O informe guinda en xeral un panorama positivo. Este cariz esténdese ao nivel de uso que lle damos a Internet. Segundo o estudo, a taxa de usuarios galegos de Internet nos últimos tres meses incrementouse en Galicia 4,4 puntos nun ano e sitúase no 78,4%. Entre os que empregaron a Rede nos últimos tres meses, un 83% fano a diario e un 14,1% todas as semanas.
Polo que atinxe a tipo de hábitat, o hábito de estar na Rede está especialmente presente nos concellos de máis de 50.000 habitantes, onde “supera amplamente a media galega” e acada unha porcentaxe do 85,5%, por riba da media estatal e europea, sinálase na investigación, que tamén salienta (no relativo aos municipios de menor poboación) a suba de 11,9 puntos porcentuais no uso de Internet nos concellos galegos de menos de 5.000 entre 2015 e 2017.
A investigación indica que as compras a través da Rede “continúan en ascenso”, acadando ao 31,8% da poboación galega que adquiriu algún ben ou servizo a través de Internet nos tres últimos meses e aumentando 3 puntos porcentuais no último ano. O informe tamén salienta o papel das galegas e os galegos en eAdministración: o 67,4% das persoas da nosa terra que utilizaron Internet no último ano buscaron información de trámites administrativos a través de Internet, e o 66,1% ten utilizado as posibilidades da Administración Electrónica para enviar formularios cubertos.
Por idades, moi preto da totalidade de mozos galegos menores de 35 anos conectáronse a Internet nos últimos tres meses, dato que incluso supera a porcentaxe estatal. Asemade, rexístranse cifras salientables entre as persoas de idades comprendidas entre os 55 e os 64 anos. Neste treito rexistrouse un aumento no uso da Rede do 15% respecto ao último ano. Asemade, o 63,7% dos galegos deste tramo de idade empregan Internet.
Polo que respecta á contratación de Internet, esta é superior nos fogares que contan con nenos en idade escolar obrigatoria sitúase no 97,5% superando á media autonómica en 13,4 puntos porcentuais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?