Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os videoxogos, a placa Arduino e a impresión en 3D, presentes nos vindeiros cursos do Campus de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os videoxogos, a placa Arduino e a impresión en 3D, presentes nos vindeiros cursos do Campus de Pontevedra

Redacción
Publicado: 26/07/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

campus_pontevedra.jpgAs novas tecnoloxías estarán presentes na programación complementaria do Campus de Pontevedra para o vindeiro ano, impulsada pola Vicerreitoría e materializándose xa nunha ampla oferta (non só de novas tecnoloxías) de obradoiros de extensión cultural para o primeiro cuadrimestre. En total ofértanse nove cursos de diversos eidos como arte, música, cine, danza ou ferramentas dixitais que se desenvolverán entre os meses de setembro e novembro e para os que a pre-matrícula se abrirá do 23 de xullo ao 13 de agosto.
Os primeiros en arrancar farano o 10 de setembro, coincidindo co inicio do curso e son os obradoiros de cinema comparado e de uso de motores gráficos. O primeiro deles, Reflexos fílmicos. Obradoiro de cinema comparado, pretende formar a ollada crítica do alumnado sobre o cinema e as formas audiovisuais mediante a comparación directa entre obras sen relación aparente entre si.
Pola súa banda, o curso de uso de motores gráficos-UNITY-Perfiles non técnicos baséase na aprendizaxe do funcionamento dos motores gráficos, así como a familiarización cos termos e nomenclaturas empregadas no deseño e desenvolvemento de produtos de entretemento interactivo, videoxogos, etc.
Unha semana máis tarde, o día 17, comezan outros dous obradoiros, neste caso sobre programación radiofónica e sobre lingua de signos. O primeiro deles consiste nunha iniciación á creación dun programa de radio co obxectivo de dar a coñece ao alumnado as distintas ferramentas necesarias para a creación dos diferentes contidos dun programa.
O curso de lingua e cultura da comunidade xorda ofrece aos asistentes a posibilidade coñecer una lingua visoxestual, facendo un repaso pola crenzas erróneas sobre as linguas de signos e a comunidade e cultura xorda.
O día 1 de outubro dará comezo outro dos obradoiros do primeiro cuadrimestre, desta volta centrado en aplicacións coa placa de hardware e software libre Arduino. A finalidade é que estudantes “comprendan e saiban aplicar diferentes aspectos” relacionados coa programación na dita placa, coñezan as características destas tecnoloxías e shields máis comúns e poidan executar programas no microcontrolador, entre outras competencias.
Un día máis tarde botará a andar o obradoiro de iniciación á impresión 3D con materiais innovadores, no que se tratará de achegar a todos os asistentes estes novos compoñentes, ligados á impresión en 3D, ademais da análise dos filamentos e como se comportan. Segundo informa a Vicrerreitoría do curso a respecto desta acción formativa, subminístrase con ela a posibilidade de asesorar e axudar a crear todo tipo de proxectos que xa están en marcha tanto por alumnos de Enxeñaría Forestal, Belas Artes e mesmo Comunicación Audiovisual.
O día 11 de outubro comeza o curso de introdución á danza tradicional galega e un pouco máis tarde, un actividade formativa de cerámica. A programación péchase co curso de iniciación á escalada en rocódromo, que se desenvolverá do 19 de outubro ao 23 de novembro na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?