
No encontro participaron ademais o vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, e o concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Informática, Xan Duro Fernández. A visita ao Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS), que abriu o percorrido do rexedor polo Campus Vida, incluíu tamén achegamentos aos laboratorios de Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), de Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS); e de Biomedicina Experimental (CEBEGA).
Cada unha destas instalacións foi presentada polos seus respectivos responsables, Paulo Félix Lamas (CiTIUS), José Luis Mascareñas Cid (CiQUS), Carlos Diéguez González (CiMUS), e Anxo Vidal Figueroa (CEBEGA). A visita permitiu ao equipo do Concello dar conta das liñas de traballo dos distintos grupos de investigación que actualmente teñen os seus laboratorios nestas instalacións recoñecidas pola Xunta de Galicia, no caso do de Química Biolóxica e o de Medicina Molecular, como centros singulares de investigación de Galicia ou agrupación estratéxica consolidada, no caso do centro en Tecnoloxías da Información.
O CiTIUS recibe a visita do alcalde de Santiago
Compartir Este Artigo
