Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A segunda edición de Ignicia selecciona 25 proxectos potencialmente transferibles ao mercado
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A segunda edición de Ignicia selecciona 25 proxectos potencialmente transferibles ao mercado

Redacción
Publicado: 01/08/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Acto de sinatura para o impulso da segunda edición de Ignicia
Acto de sinatura para o impulso da segunda edición de Ignicia
O Programa Ignicia vén de chegar á segunda edición, co propósito firme de facer que as nosas investigadoras e investigadores estean acompañados de recursos e apoios para os seus proxectos innovadores e potencialmente transferibles ás empresas. Ignicia, impulsado polo Goberno galego e a Fundación Barrié, vai impulsar este ano un total de 25 iniciativas (das medio cento delas que finalmente foron presentadas). Aquelas foron dadas a coñecer hoxe polos responsables do programa, trala xuntanza na sede da axencia GAIN, en Santiago, do comité avaliador. Son dúas ducias de proxectos, boa parte deles tecnolóxicos, procedentes de organismos públicos e privados de investigación.
En concreto, nove corresponden á Universidade de Santiago de Compostela; seis á Universidade de Vigo; catro á Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela; tres ao Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións (Gradiant); dous á Universidade da Coruña; e un á Fundación Biomédica Galicia Sur.
Segundo informa GAIN, destas 25 propostas, preto da metade (12) están aliñadas co reto 3 da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3), cuxo obxectivo é “conseguir un novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo”; mentres que un 44% (11 propostas) están vencelladas ao reto 2, que persegue un novo modelo industrial.
Ademais, un 8% (2 propostas) dos proxectos están aliñados co reto 1, que busca a modernización dos sectores primarios a través da innovación.
En canto á súa distribución por sectores, o sector maioritario no que se centran os proxectos é o da biotecnoloxía, aplicada á saúde e á industria, e máis as TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación).
Para acometer esta primeira escolma, realizáronse catro avaliacións individuais de cada proxecto, co apoio dun equipo formado por tres expertos de Oxentia (Oxford Univiersity Innovation).
Como lembraremos, a primeira edición de Ignicia permitiu apoiar un total de 9 proxectos cun investimento de 4 millóns de euros en sectores como as TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), o aeronáutico e a biotecnoloxía. Tamén se favoreceu a creación ou mantemento de 61 postos profesionais de alta cualificación e a posta en marcha de empresas de alicerce tecnolóxico.
Para a segunda edición do Ignicia o Goberno galego investirá tres millóns de euros ata 2020. A través do acordo asinado entre a Xunta e a Fundación Barrié por valor de máis de 430.000 euros (a Xunta financia 400.673 euros) levaranse a cabo accións formativas e a realización conxunta de actividades propias da xestión dun fondo de proba de concepto coa finalidade de “levar ao mercado os resultados científico-tecnolóxicos xerados nos centros de coñecemento galegos con potencial para a súa comercialización, ben sexa a través de licenzas ou a través da creación de spin-offs”.
Na primeira edición, dos 9 proxectos que se apoiaron, un total de cinco convertéronse en empresas universitarias e os catro restantes foron mediante acordos con licenza.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?