Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A CNMC sanciona a 11 empresas por crear un cártel de servizos informáticos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A CNMC sanciona a 11 empresas por crear un cártel de servizos informáticos

Redacción
Publicado: 02/08/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

indra-2.jpgA Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) iniciou ha ano e medio unha campaña contra a fraude na licitación pública, e agora dá conta da sanción a 11 empresas por crear un cártel na subministración de servizos de informática e tratamento de datos á Administración Pública. A trama empresarial repartiuse os clientes, pactou os prezos e as condicións comerciais, e intercambiou información comercial sensible para encarecer a contratación pública. As sancións impostas elévanse no seu conxunto a 29,9 millóns de euros.
O 8 de marzo de 2015 a CNMC recibiu unha denuncia, e tras as investigacións realizadas e unha vista pública coas empresas implicadas, a CNMC considera acreditada unha infracción moi grave dos artigos 1 da Lei 15/2007 e 101 do Tratado de Funcionamento da UE, constitutiva de cártel.
As empresas involucradas operaban en todo o territorio nacional ofrecendo servizos de informática e de tratamento de datos, desde consultores na instalación de equipos informáticos e aplicación de programas, ata servizos de preparación de datos para o seu tratamento e servizos de bases de datos. Na meirande parte dos casos estes contratos levan a integración física de persoal das empresas incoadas ou das súas subcontratas nos cadros de persoal dos clientes como persoal de apoio. Entre os organismos afectados pola fraude atópanse a Axencia Tributaria, a xerencia de informática da Seguridade Social, e o Servizo Público de Emprego (SEPE), entre outras.
As condutas ilícitas realizadas afectan os procedementos de contratación, que se facían de diversas formas:
i) mediante a creación de UTE (Unións temporais de Empresas) de carácter instrumental;
ii) a subcontratación preferente de determinadas empresas ás que se aseguraba unha porcentaxe de facturación e unhas condicións máis vantaxosas que a outras empresas subcontratadas a cambio de que non participasen en ofertas alternativas na licitación;
iii) a presentación de ofertas de cobertura para asegurarse a adxudicación de contratos adxudicados mediante concurso ou procedementos negociados;
iv) a cesión de claves de patrimonio ou na inhibición da presentación de ofertas por certas empresas en determinados concursos para asegurarse a adxudicación dos mesmos e a cambio doutro tipo de favores. Con todo iso reducían a competencia entre as empresas que se presentaban ao concurso público.

Empresas participantes no cártel

A intensidade da participación das empresas variaba en función do organismo que convocaba as licitacións e do tipo de concurso. Os instigadores da trama foron dúas: Indra e SAG. Na repartición do mercado participou un grupo de nove empresas con distintos graos de responsabilidade: Atos, Connectis, IBM, Everis, Babel, Cibernos, Gesein, Accenture e Next. A esta lista hai que sumar outras tres empresas para as que non existen probas suficientes. As empresas sancionadas son:
– Indra Sistemas SA: 13,5 millóns de euros
– SAG (Software AG) España SA: 6 millóns de euros
– Atos Spain SA: 5 millóns de euros
– Connectis ICT Services SA.: 1,8 millóns de euros
– IBM ( International Business Machines) SA: 940.000 euros
– Everis Spain SL: 800.000 euros
– Babel Sistemas de Información SL: 633.917 euros
– Cibernos Consulting SA: 616.038 euros
– Gesein SL: 320.969 euros
– Accenture SL e Accenture Outsourcing Services SA: 300.000 euros
– Next Computer Services SA: 46.760 euros
Contra esta Resolución non cabe recurso algún en vía administrativa, podendo interpoñerse recurso contencioso-administrativo na Audiencia Nacional no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da súa notificación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?