Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A novela Arnoia, Arnoia de Ferrín converterase en videoxogo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A novela Arnoia, Arnoia de Ferrín converterase en videoxogo

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/08/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mb_novela_de_ferrin_en_videoxogo.jpgSabíamos que a literatura galega é unha fonte inesgotable de argumentos e persoeiros memorables para o cinema e as series de TV, pero se cadra non estaba tan clara a cousa en materia de vídeoxogos. Con todo, cómpre proclamalo aos catro ventos: temos un rico patrimonio literario e, con el, podemos construír un igualmente rico panorama de contidos de lecer dixital. Hoxe mesmo fomos testemuñas desta senlleira sinerxía, co anuncio da transformación en videoxogo da novela Arnoia, Arnoia (1985), de Xosé Luis Méndez Ferrín.
A iniciativa foi dada a coñecer polo coordinador do proxecto e axente cultural en Celanova, Antonio Piñeiro, a especialista en mercadotecnia dixital (e co-responsable de Imaxin Software) Luz Castro, o profesor da Escola de Telecomunicación de Vigo, Martín López Nores, e o presidente da Deputación de Ourense (colaboradora deste proxecto), Manuel Baltar.
Segundo fixeron saber, a adaptación contribuirá a “trasladar a todos os públicos a riqueza literaria e turística de Celanova e da provincia de Ourense por medio dun formato innovador e interactivo”. Na xuntanza, celebrada no pazo provincial da Deputación, Baltar salientou que se trata dunha iniciativa que “mestura tradición e vangarda, e amosa a creatividade da nosa provincia no ámbito audiovisual, neste caso coa obra dun dos nosos escritores máis insignes como é Méndez Ferrín, unindo historia e innovación tecnolóxica”.
O proxecto, que terá versións en galego, español e inglés, busca“dinamizar didáctica e turisticamente as Terras de Celanova e da Baixa Limia; divulgar a literatura dos autores de Celanova alén dos libros; e tirar proveito das novas tecnoloxías para aproximar a literatura dos autores de Celanova á xuventude”. Tamén pretende “promover a dinamización local e o fomento do emprego por medio da creación de industria cultura baseada no patrimonio literario e cultural de Celanova e a súa zona de influencia”.
O videoxogo, que se poderá descargar como aplicación móbil para tirarlle partido en liña, virá complementado cun formato de xogo de mesa. A aventura consistirá en dispor unha serie de pescudas para percorrer no plano turístico a comarca de Celanova a través de xeolocalizacións, conxugando escenas de realidade aumentada con escenarios reais.
Na presentación de hoxe fíxose saber que a obra na que se basea o videoxogo narra a viaxe de Nmógadah, un mozo de dezaseis anos, un dos Príncipes Segredos das terras de Arnoia, na procura de aventuras. Entre os escenarios que figurarán nesta proposta audiovisual figuran o alcázar de Milmanda, a ponte de Freixo, Cortiña Grande, Castromao, os ríos Arnoia e Tuño e a Chaira, entre outros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?