Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Memoria Dixital de Galicia dálle un novo pulo á conservación dos nosos fondos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Memoria Dixital de Galicia dálle un novo pulo á conservación dos nosos fondos

Redacción
Publicado: 03/08/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

arquivolalin_web.jpgEsta semana a Consellería de Cultura e Educación deu a coñecer un novo e importante traballo de recuperación documental ao abeiro do Arquivo de Galicia (emprazado na Cidade da Cultura) e o portal Galiciana.gal. Estamos a falar dos vindeiros traballos de conservación e divulgación do fondo documental do Pazo de Pardiñas, en Lalín. Na presentación dos traballos, amais do conselleiro Román Rodríguez (que informou da posta en marcha dunha liña de axudas para a dixitalización de fondos), participaron os membros da familia López López, propietaria do dito inmóbel e responsable da doazón. Esta implicará a posta a disposición da cidadanía e dos investigadores do legado arquivístico do pazo, ata o de agora inédito.
Rodríguez lembrou que “nestes intres os fondos do Arquivo de Galicia están conformados por 163.840 caixas que ocupan un volume de 18.857,89 metros”. Tamén destacou que as contribucións privadas representan aproximadamente un 1% sobre o total de fondos e que a doazón do Pazo de Pardiñas é a primeira proporcionada por unha entidade pacega ao Arquivo de Galicia.
Román Rodríguez salientou, ademais, que o departamento que dirixe acaba de poñer en marcha unha liña de axudas para a dixitalización de fondos patrimoniais, dirixida a entidades públicas e organizacións privadas sen fins de lucro e que conta cun orzamento total de 800.000 euros. Esta actuación enmárcase na iniciativa Memoria Dixital de Galicia para “promover a conservación do fondo patrimonial galego e para facilitar o seu acceso universal”. Isto, engadiu, garántese a través do portal www.galiciana.gal, posto en marcha o pasado mes de decembro “co obxectivo de consolidarse como a porta de paso a todos os fondos dixitais das bibliotecas, arquivos e museos de Galicia”, declarou.
Volvendo á achega do Pazo de Pardiñas, emprazado en Santa María de Noceda, en Lalín, trátase dun importante patrimonio documental que traza un percorrido por cinco séculos de historia da comarca do Deza e, en boa medida, do conxunto de Galicia. Máis polo miúdo, o fondo foi producido polos diferentes membros da familia desde a orixe do pazo, no século XVI, ata 1942, e conforman un volume de 12 unidades de instalación. Os documentos están relacionados coa adquisición ou administración de propiedades (testamentos, árbores xenealóxicas, escrituras de compravenda e de doazón, memorias de bens, escrituras de partilla, apeos e prorrateos de bens, preitos…) tanto nas comarcas de Deza e Trasdeza como en terras do Ribeiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?