Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O sector TIC precisa estudantes de Matemáticas e Física
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O sector TIC precisa estudantes de Matemáticas e Física

Redacción
Publicado: 08/08/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

nena_computador_crianza.jpgOs estudos relacionados coas novas tecnoloxías, en particular, e co universo STEM (Ciencia, Tecnoloxia, Enxeñaría e Matemáticas), en xeral, seguen a ocupar un ano máis os postos das carreiras con meirande taxa de empregabilidade. Dito doutra maneira: son e seguirán a ser estudos con moi baixa incidencia do paro. A principal razón disto está no proceso de revolución tecnolóxica que estamos a vivir, con entidades de toda índole e empresas tecnolóxicas (e tamén as non tecnolóxicas) demandando enxeñeiras e enxeñeiros en Informática e Telecomunicación. Porén, tamén precisan (e cada vez máis) tituladas e titulados en Matemáticas e Física para abordar os seus procesos de dixitalización (adaptándose aos novos tempos e garantindo a súa supervivencia) ou para pór en marcha proxectos innovadores.
Esta importante taxa de empregabilidade, segundo puidemos saber, tamén ten o seu reflexo na actividade dos centros onde se imparten estes estudos. No caso da Universidade de Santiago, onde se ofrecen as titulacións de Matemáticas e Física, o devandito percíbese claramente na suba da nota de corte, superior ao 10 en ámbolos casos no ano académico que vimos de deixar atrás. Estes días, comezando a matrícula para o vindeiro curso, a curva do acceso segue crecendo, superando na actualidade o 11.
Das máis de 160 titulacións que conforman a oferta de carreiras das tres universidades galegas, este curso Física quedou no posto número trece e Matemáticas no catorce. Están no grupo das máis solicitadas xunto a Medicamento, Biotecnoloxía, Odontoloxía, Enxeñería Biomédica ou Enxeñería Aeroespacial.
Como dixemos, o auxe das Matemáticas e da Física están directamente relacionado cos principais requirimentos do sector das novas tecnoloxías, que non só precisan de enxeñeiras e enxeñeiros en Telecomunicación ou en Informática. Segundo confirmou recentemente o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial, con sede (precisamente) no Campus Vida da Universidade de Santiago, unha parte importante da actividade das matemáticas e os matemáticos nas empresas do sector dixital ten que ver con labores de simulación, estatística e tratamento, análise e xestión dos datos (o que se coñece como Big Data, ou ferramentas de xestión e análise da información a gran escala).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?