Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone impulsa o ambicioso proceso de dixitalización de Logitravel
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone impulsa o ambicioso proceso de dixitalización de Logitravel

Redacción
Publicado: 09/08/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

logitravel.jpgLogitravel, a operadora turística española, uniu forzas con Vodafone para, en palabras das dúas empresas, “liderar a dixitalización no mundo das axencias de viaxes”. En termos máis concretos, Logitravel confiou na operadora os seus vindeiros pasos en materia de innovación tecnolóxica, buscando cousas como unha meirande rapidez nas páxinas web do grupo, unha maior capacidade de facer comunidade e un proceso de optimización máis continuo e eficaz. En última instancia, sinala a compañía turística, búscase dar aos usuarios o que buscan.
En base ao acordo asinado entre as dúas partes, Vodafone proporciona diferentes solucións para Logitravel que fan posible mellorar desde a conectividade ata a produtividade dos empregados ou a seguridade das webs que dispón o Grupo: Logitravel, Roomdi, Alitravel, entre outras. Estas tecnoloxías “permiten optimizar o tempo e os custos, e reverter esa eficiencia na mellora continua da experiencia de usuario”, explican.
Máis polo miúdo, Logitravel conta coa solución de Content Delivery Network (CDN) de Vodafone, que fornece ao grupo turístico de vantaxes competitivas, permitíndolle facer cousas como contar “coas webs máis rápidas do sector turístico en España, á vez que mellora a protección fronte a ciberataques”, sinalan as dúas compañías, engadindo que o servizo de CDN mellora o tempo de resposta ao cliente e mellora nun 15% a velocidade de transmisión de datos aos usuarios en Europa.
Doutra banda, a través do acordo formalizado, a operadora de telecomunicacións está a subministrar a Logitravel ferramentas que lle permiten mellorar a produtividade aos máis de 800 empregados que ten o grupo en todo o mundo. É o caso de G-Suite e Google Apps, aplicacións de colaboración que facilitan que os empregados da axencia poidan traballar na nube desde calquera lugar, e sen necesidade de ter servidores propios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?