
Até o de agora, a web xuntou contribucións de 300 persoas, colleitou máis de 700.000 visitas, contabilizou 75.000 accesos únicos e, como proxecto social, tamén xuntou unha boa presada de premios relacionados coa dinamización cultural e a inclusión dixital.
Polo que se refire á historia número 1.000, é un artigo rubricado polo antigo crego de San Sadurniño e Santa Mariña, Ramón Díaz Raña, quen nos leva da man ao final do Franquismo e, máis en detalle, ás “tensas relacións que mantiña co alcalde daquel entón, Santiago Secada”, quen chegou a remitirlle ao Goberno Civil un informe para que as autoridades vixiasen de preto a actividade pública, política e relixiosa do párroco, acusado por Secada, entre outras cousas, de organizar conferencias “aparentemente de propagación del galleguismo” e de fomentar “una revolución revisionista” contraria aos principios do movemento.
Volvendo ao balance do Concello, o equipo de Goberno local tamén salienta as diferentes pólas que medraron da cerna orixinal, con proxectos paralelos como a canle audiovisual Teño unha horta en San Sadurniño ou o encontro audiovisual Chanfaina Lab, que o vindeiro mes de setembro emprenderá a súa quinta edición. O Concello tamén destaca a media ducia de premios obtidos ata o momento pola iniciativa, entre eles o Acting concedido dentro dun proxecto de ámbito europeo ou o Rodolfo Prada outorgado pola Deputación de Ourense ás mellores experiencias de xestión cultural, ademais dos alcanzados por Teño unha horta en distintos festivais.
A web colaborativa Fálame de San Sadurniño chega ás 1.000 historias
Compartir Este Artigo
