O operador R ten novidades en materia de itinerancia. Segundo vén de informar, os clientes do seu servizo móbilR poderán ter meirande velocidade no estranxeiro grazas á tecnoloxía 4G. A medida significa o espallamento cara a fóra de España do 4G para os clientes da operadora galega, un recurso extra do que podían dispor dende o ano 2016 (en territorio nacional).
Segundo informa R, o 4G xa é unha realidade para os clientes en itinerancia nun bo número de países, con todas as vantaxes que pon en xogo: navegación moito máis rápida e unha mellor latencia, “co cal a experiencia á hora de usar unha aplicación ou de enviar un contido é moito máis positiva”.
Para desfrutar deste servizo só teremos que contar cun móbil e unha tarifa compatible. R tamén lembra que o servizo está activado por defecto dentro do espazo económico europeo, contorna onde (por certo) custa o mesmo chamar e navegar que en España. Pola contra, si que deberá ser activado nos países que fiquen fóra da dita contorna, como Suíza, Andorra, Estados Unidos ou China, onde si que haberá que activar o roaming previamente, para poder desfrutar logo das ditas vantaxes do 4G.
R estende as vantaxes do 4G aos clientes en itinerancia
Compartir Este Artigo
