Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Narón achega á cidadanía oito cursos TIC e un obradoiro sobre videoxogos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Narón achega á cidadanía oito cursos TIC e un obradoiro sobre videoxogos

Redacción
Publicado: 29/08/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

naron_cemit-2.jpgO Concello de Narón vén de informar de que xa está aberto o prazo de inscrición para participar en oito cursos CeMIT e máis un obradoiro xuvenil da axencia AMTEGA, a desenvolver en Xuvia. Esta información foi achegada pola concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, quen lembrou que con cargo a financiamento íntegramente municipal destínanse neste último cuadrimestre do ano uns 7.000 euros ao Programa Municipal de Formación en Novas Tecnoloxías, que abrangue unha actividade de 2.100 horas ao ano.
Respecto dos oito devanditos cursos, son os seguintes: Busca de emprego en Internet; Internet e correo electrónico; Tratamento de textos; Follas de cálculo; Bases de datos; Presentacións gráficas; Iniciación á contabilidade e facturación e Presentacións dixitais eficaces. Hermida recordou que poderán asistir un máximo de doce persoas por curso.
O curso de Busca de emprego en Internet (48 horas) impartirase do 17 de setembro ao 2 de outubro; o de Internet e correo electrónico (30 horas) será do 3 ao 15 de outubro; o de Tratamento de textos (50 horas) do 16 de outubro ao 2 de novembro: o de Follas de cálculo (50 horas) do 5 ao 21 de novembro; o de Bases de datos (40 horas) do 22 de novembro ao 7 de decembro, e o de Presentacións gráficas (30 horas) do 10 ao 19 de decembro. Os citados cursos desenvolveranse en horario de mañá, entre as 9.30 e as 13.30, se ben pola tarde, de 16.00 a 20.00 serán os de Iniciación á contabilidade e facturación (200 horas) do 17 de setembro ao 28 de novembro, e Presentacións dixitais eficaces (48 horas), do 29 de novembro ao 17 de decembro.
Segundo informou a edil, as persoas que desexen anotarse nas ditas actividades deberán darse de alta na web CeMIT para acceder logo ao espazo propio da aula de Narón, onde poderán ver tódalas iniciativas formativas que se desenvolverán no centro localizado en Xuvia e reservar praza.
Hermida tamén recordou que a partir do vindeiro luns, 3 de setembro, reabrirase a Aula CeMIT de Xuvia –de 11.30 a 13.30 horas- co que “tamén se poderá solicitar nas instalacións axuda para realizar os trámites oportunos para solicitar os citados cursos”.
A través deste mesmo sistema, apuntou a edil de Novas Tecnoloxías, poderase solicitar a participación no obradoiro xuvenil Crea o teu personaxe de videoxogo ou película, impulsado a través de AMTEGA. A convocatoria, que se dirixe a rapazas e rapaces de 14 a 18 anos, celebrarase o 14 de setembro en horario de tarde, de 15.00 a 21.00 e a participación está limitada a un máximo de quince persoas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?