Movistar vén de achegar datos sobre o número de usuarios que tiran proveito na provincia da Coruña da súa fibra óptica de 600 Mbps simétricos: máis de 11.000. Ademais, a operadora sinalou que máis de 6.800 sacan partido dunha velocidade de 100 Mbps. Estes e outros datos foron achegados no décimo aniversario do inicio da comercialización deste tipo de conexións de banda larga ultrarrápida, que arrincou en 2008 e que foi quen de evolucionar pasando dos 30 Mbps achegados en orixe ata os 600 Mbps actuais.
Actualmente Telefónica conta con 3,8 millóns de clientes de fibra, o que significa que gozan desta tecnoloxía dous de cada tres clientes de banda larga fixa (un millón xa de 600 Mbps simétricos). Ademais, a cobertura de fibra vai alén dos 20 millóns de unidades inmobiliarias, en palabras da compañía “unha das máis amplas do mundo”.
No caso de Galicia, máis de 24.400 clientes de Telefónica dispoñen xa de fibra óptica de 600 Mbps simétricos e máis de 15.500 a unha velocidade de 100 Mbps.
A cifra de usuarios da fibra óptica de 600 Mbps de Movistar superou os 11.000 na Coruña
Compartir Este Artigo

