Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Imjoying, un exemplo de desenvolvemento TIC dende o rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Imjoying, un exemplo de desenvolvemento TIC dende o rural

Redacción
Publicado: 03/09/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20180903_mos.jpgO director do IGAPE, Juan Cividanes, visitou esta mañá ás instalacións de Imjoying Leisure International Group en Mos, onde salientou a aposta desta empresa polo desenvolvemento de iniciativas innovadoras no ámbito rural, mediante a posta en marcha dunha plataforma web e unha aplicación móbil que facilita a oferta festiva e cultural de todas as localidades españolas.
Cividanes resaltou a relevancia das iniciativas emprendedoras asentadas en poboacións rurais que favorecen a creación de emprego no territorio mediante a posta en marcha de iniciativas non vencelladas á produción agrícola. Así, o proxecto da empresa pontevedresa busca consolidar 9 postos de traballo cubrindo a demanda de información de usuarios de actividades de ocio mediante o acceso á información dos eventos programados por entidades públicas e privadas de toda España.
Lembrou tamén o compromiso da Xunta co impulso económico e social ao mundo rural mediante a posta en marcha do Galicia Rural Emprende, cuxa última convocatoria está en fase de resolución e do que foi beneficiaria a empresa pontevedresa na edición anterior, e que está deseñado para fomentar o desenvolvemento equilibrado do territorio galego a través de pequenas e medianas empresas que non se dedican a actividades agrícolas, formadas por novos emprendedores ou autónomos.
Co mesmo obxectivo, pero sen focalizar a súa incidencia no ámbito rural, desenvólvese o Galicia Emprende. A través das edicións dos programas Galicia Emprende e Galicia Rural Emprende do pasado ano, a Xunta concedeu axudas por importe de 6,8 millóns de euros a 162 proxectos empresariais de emprendedores, que mobilizaron máis de 18 millóns de euros en novos investimentos e que levan asociados a creación e o mantemento de 385 postos de traballo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?