Chega este mes de setembro a nova edición da Semana Internacional de Cinema de Autor de Lugo e tanto a organización (o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá) como a Deputación provincial, a USC e mailo o Concello, colaboradoras activas do certame, queren que esta nova entrega do evento sexa, a número 40, sexa unha edición especial. Os seus detalles foron dados a coñecer hoxe na sede da entidade provincial polo presidente do dito colectivo, Xulio Xiz, e o director da Semana, Manuel Curiel, xunto co deputado de Relacións Institucionais Álvaro Ramos e a concelleira de Cultura, Carmen Basadre.
Na cita, na que tamén participaron a vicerreitora do Campus de Lugo (USC), Montserrat Valcarcel e mailo representante de Vicepresidencia na Provincia, Ramón Carballo, fíxose saber que o certame desenvólvese este ano dende o 10 ao 15, e dende 17 ao 21 de setembro.
Na cita, Álvaro Santos lembrou que a Deputación é a principal patrocinadora da cita cinematográfica, pois colabora cunha achega económica de 35.000 euros, e a través da Fundación TIC, que elaborou un vídeo de promoción para difundir o festival por toda a provincia e máis nas redes sociais, incluído o servizo YouTube (onde a Fundación TIC ten unha canle de gran actividade). O Concello de Lugo, pola súa banda, contribúe cunha achega de 18.000 euros.
Santos Ramos salientou “que este festival, consolidado no tempo, converte a cidade das Murallas na capital cinematográfica de Galicia, xa que é un referente en toda a Comunidade”. Tamén puxo o foco nos importantes beneficios que ten o certame para a economía e o turismo da cidade de Lugo, “ao longo de toda esta semana que se celebra”.
Nese senso o deputado agradeceu o gran traballo que leva realizando ao longo destes 40 anos o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá: “A Semana do Cine de Autor de Lugo é un éxito grazas ao traballo destes seareiros do audiovisual que comezaron fai 40 anos con esta iniciativa, e hoxe, converteuse nun auténtico escaparate das novidades do cinema actual”.
O Deputado sinalou que “Concello e Deputación estamos facendo un importante labor para impulsar as diferentes expresións culturais que hai na nosa provincia, boa mostra disto é que esta cita segue enchendo as salas da capital”.
Pola súa banda, Carmen Basadre, destacou a traxectoria desta cita cultural, “marcada no calendario cultural lugués e no galego”; e amosou a súa satisfacción porque “este evento permite que a cidade viva durante uns días o mellor do cine de autor e que a cidadanía goce coñecendo todo o traballo que se está a facer dende o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá”; ao que lle agradeceu por estes 40 anos enchendo Lugo de grandes películas.
Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo
Nesta 40ª edición participaran un total de 165 cintas de diferentes países. As pezas foron seleccionadas tras recibir máis de 1.500 longas, curtas e documentais de todo o mundo. Dentro da programación do festival, figuran 13 ciclos: 13 ciclos: Ciclo infantil, O mellor do ano, Sección Oficial, E para comer…Lugo, Arte de cine, Ciclo Cárceres, Grandes Historias, Cine Galego, Sección Especial, Encontros de Cine, Cine Nostálxico e Curtas de cine. Ademais da homenaxe a Rosario Durcal, actriz nada en Lugo e que triunfou en México. O cartel desta edición é unha imaxe do Gran Teatro de Lugo que acolleu as 15 edicións, con fotografía de Eduardo Rodríguez Ochoa, e deseño de Lucia Yáñez Anllo.
Todas as películas que se proxecten na Biblioteca Municipal, Museo Provincial, MIHL, Vicerreitorado da Universidade (Casa do saber), Vello Cárcere, e no Pazo de San Marcos da Deputación de Lugo, serán totalmente de balde. As cintas no auditorio municipal Gustavo Freire, terán un prezo, dependendo do ciclo.
A Fundación TIC volve envorcar esforzos coa Semana de Cinema de Autor de Lugo
Compartir Este Artigo

