Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Urbaser introduce o factor smart na xestión de refugallos da man de Microsoft
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Urbaser introduce o factor smart na xestión de refugallos da man de Microsoft

Redacción
Publicado: 04/09/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

urbaser_microsoft.jpgUrbaser, empresa multinacional referente en xestión ambiental e con presenza activa en múltiples concellos galegos, vén de dar un paso importante en materia smart da man do xigante Microsoft, máis en detalle da súa plataforma para a Internet das Cousas, Azure IoT. Segundo nos contan a compañía tecnolóxica e máis Urbaser, a aposta desta empresa polos obxectos conectados responde ao seu interese por atopar “novos métodos de transformar os refugallos en recursos”.
En palabras de Manuel Andrés Martínez, director xeral de Servizos Urbanos, “queremos ofrecer no futuro solucións integradas para os problemas ambientais dentro do marco das Smart Cities e a economía circular”.
Este compromiso coas tecnoloxías máis innovadoras xa se deixa notar dende hai un tempo, por exemplo na aplicación das TIC para fortalecer os seus servizos dentro das distintas verticais do concepto práctico de Cidade Intelixente, procurando eficiencia total na nube e máxima operatividade. O proceso implicou a análise pormenorizada de diferentes opcións de mercado para obter servizos cloud, decantándose Urbaser por Microsoft Azure para a posta en marcha da súa propia plataforma IoT. “As razóns desta decisión son o amplo catálogo de servizos que ofrece e a flexibilidade da arquitectura da súa plataforma”, explican dende Urbaser, que xa está a executar a primeira versión da súa plataforma de Internet das Cousas, que permite xestionar todos os seus activos: a frota de vehículos, os procesos industriais levados a cabo nas súas plantas de tratamento de residuos e auga, e os diferentes activos repartidos na cidade, como os colectores.
A folla de ruta de Urbaser en relación ao IoT (Internet of Things) centrouse inicialmente nos seus servizos urbanos, especialmente na recolección de refugallos e limpeza de rúas, onde se fixo posible o seguimento total de vehículos e colectores, a través de sensores conectados, permitindo a transmisión de información á plataforma cloud de Microsoft Azure, e facendo posible a creación de sistemas de información en tempo real. “Estes sistemas”, explica o xigante informático, “son utilizados polos xestores dos servizos urbanos para optimizar os recursos adicados a todas as tarefas, maximizando o nivel de servizo á cidade, mellorando as rutas de recolleita, reducindo o nivel de ruído e diminuíndo o consumo de combustible e emisións de gas”.
Por outra banda, a información en tempo real recibida dos vehículos ofrece a posibilidade de detectar potenciais avarías e minimizar o número de arranxos e interrupcións do servizo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?