Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A feira Pont-Up Store mostrará o noso pulo creativo en tecnoloxías que fan a vida máis doada
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A feira Pont-Up Store mostrará o noso pulo creativo en tecnoloxías que fan a vida máis doada

Redacción
Publicado: 05/09/2018
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

pont_up_store-2.jpgA feira de innovación e emprendemento Pont-Up Store, que se celebra entre o 20 e o 22 de setembro en Pontevedra, segue a quecer motores. Segundo vén de confirmar hoxe a organización do evento (o Campus e o Concello de Pontevedra), este servirá entre outras moitas cousas para “presentar as liñas de negocio con máis potencial de medre en Galicia”. Ou sexa, para mostrar o noso pulo creativo en comida do futuro, tecnoloxía que nos soluciona a vida, videoxogos, proxectos con repercusión social, coidado de animais, turismo colaborativo ou cosmética orgánica de autor. Todo isto e máis virá da man das preto de 50 empresas que participan na quinta edición da feira.
A organización tamén lembrou que o encontro celebrarase en Pontevedra na carpa instalada na Praza de España de Pontevedra e con máis de 40 actividades programadas en distintos puntos da cidade. Ademais, as novas tecnoloxías serán un dos grandes piares do acontecemento.
Serán en total 45 empresas participantes combinando nalgúns casos varias modalidades de participación: 37 contarán cun stand gratuíto para mostrar os seus produtos, ideas e servizos; 10 concorrerán no formato talent bussiness Puntazo Exprés e outras 6 terán tamén a oportunidade de participar no programa de actividades demostrativas do espazo central da carpa, desenvolvendo propostas como un obradoiro de preparación de alimentos con impresión 3D, un obradoiro de lectura con cans, un taller de robótica para aprender a montar un stick arcade basado en Raspberry PI, un torneos de videoxogos, unha introdución ás técnicas de pigmentación prehistórica, unha demostración de receitas saudables ou a presentación da nova cooperativa Músicas ao Vivo.
Gastronomía e tecnoloxías
Unha das grandes apostas do evento vén da man da gastronomía ligada a procesos tecnolóxicos. Neste eido, a empresa viguesa EXGA3D mostrará a súa experiencia empregando a impresión 3D para deseñar e personalizar alimentos que en palabras da organización “sorprenden e poden achegar solucións ao mundo da saúde”. Por exemplo a través da elaboración de pílulas médicas con formas e sabores de froitas ou doces, ou peixe para a cativada con formas máis divertidas e gorentosas. Os responsables de EXGA3D ofrecerán un obradoiro para ensinarnos a imprimir a nosa propia comida. Tecnoloxía para facilitarnos o día a día
Segundo explican os organizadores de Pon-Up Store, esta quinta edición do encontro destaca especialmente polas empresas de ámbito tecnolóxico que achegan solucións de éxito para unha manchea de sectores. Nesta liña encádrase Muutech, unha startup viguesa enfocada a desenvolver sistemas de información que se empregan para facer seguimento dos procesos máis complexos, sobre todo da industria do motor e de loxística de distribución.
Outra empresa que se empraza neste eido é Edilicia BIM, que está a traballar nun dos negocios con máis futuro, a tecnoloxía BIM, unha metodoloxía de traballo para xestionar datos e corrixir erros en grandes infraestruturas e proxectos de edificación que xa se emprega con éxito nos países nórdicos e anglosaxóns e que se prevé que sexa de uso obrigado en España para licitacións de infraestruturas públicas en xullo de 2019.
A empresa de Lugo Data Monitoring, pola súa banda, desenvolve dispositivos e software para seguir en remoto procesos industriais achegando as vantaxes da Industria 4.0, a industria intelixente, a todos os sectores. Xtonebox sorprende recuperando a antiga tecnoloxía de válvulas para fabricar de xeito artesanal equipos de audio de gran calidade. O Taller 7 MakerSpace fabrica prototipos a medida empregando a tecnoloxía de impresión 3D e pon o seu talle a disposición dos clientes para que materialicen as súas ideas. WinboxApp propón unha plataforma para poñer en contacto directo a compradores e vendedores sen intermediarios; unha alternativa para aforrar buscas e para resolver anuncios de venta empregando unha soa aplicación. Dronalia, pola súa banda, oferta un amplo abano de solucións de dron con venta directa, cursos e servizos para diferentes sectores e necesidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?