Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A rapazada de Xinzo converteuse en creadora de animación en 3D
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A rapazada de Xinzo converteuse en creadora de animación en 3D

Redacción
Publicado: 06/09/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xinzo_curso_nenos_2.jpgA Deputación de Ourense en colaboración coa área de Cultura do Concello de Xinzo de Limia organizaron os días pasados un obradoiro para impulsar a creatividade da rapazada local no eido dos contidos dixitais. Máis en detalle, tratouse dun taller sobre cinema e animacións 3D no que participaron nenas e nenos de idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos e que se desenvolveu na aula CeMIT da Casa da Cultura de Xinzo, a longo da segunda quincena de agosto.
A actividade, que cubriu todas as prazas, celebrouse ao abeiro do programa Ourense ICC Week, que conta cunha liña propia de actividades formativas e de lecer para os cativos, ICC Kids, itinerante e interactiva.
O taller tivo por obxectivo achegar o cinema aos nenos e nenas máis novas, “non como mero produto de consumo, senón como unha arte, unha cultura e un oficio”, en palabras da organización, que lembrou a necesidade de “formar espectadores críticos, creativos e capaces de ter un xuízo autónomo”. A idea, sinalaron o Concello e a Deputación, é conseguir que a rapazada descubra os medios non só como canles de lecer, senón tamén como medio de creación e expresión e, nun futuro, como elementos cuxo dominio favorecerán a súa empregabilidade.
xinzo_curso_nenos.jpgO temario que se deu ao longo destas dúas semanas consistiu en “crear un escenario de animación onde as leis da física se puideran controlar ao antollo dos nenos e nenas”, dando vida ás súas propias figuras en 3D, controlando a iluminación, os diferentes encadres e puntos de vista da cámara, todo isto sendo manexado mediante a programación. Para iso usáronse diferentes ferramentas tecnolóxicas como Alice 3.0, Makehuman, Leigo Desinger (aplicacións todas elas de software libre).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?