A páxina web de Twitter vai camiño de introducir importantes cambios, no que semella unha transformación en aplicación web progresiva, de xeito que achega ao escritorio funcionalidades como a de Elementos gardados (ou Bookmarks), o modo nocturno, o aforrador de datos (que bloquea a carga automática de contidos multimedia).
A nova interface está en probas para un número reducido de usuarios, de xeito que poderán pulir os detalles e realizar as modificacións oportunas antes do seu lanzamento global, que semella que terá lugar pronto, xa que, polo que comentan os que puideron probar o novo deseño, o sistema funciona correctamente e incluso apréciase un incremento de velocidade con respecto ao deseño anterior.
Adicionalmente a aplicación de Twitter para iOS tamén vén de recibir unha actualización na que destaca unha novidade: a posibilidade de realizar transmisións en vivo só de audio (algo que tamén permite Facebook dende hai tempo, e que consideran interesante para localizacións nas que a banda larga móbil non facilita unha boa retransmisión de vídeo).
Twitter proba un novo deseño da súa versión web
Compartir Este Artigo
