Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un par de campamentos de verán buscan fomentar as vocacións tecnolóxicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un par de campamentos de verán buscan fomentar as vocacións tecnolóxicas

Redacción
Publicado: 07/09/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20180907_campamentos_02.jpgMar Pereira Álvarez, directora da AMTEGA , e Cecilia Vázquez, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, visitaron hoxe no albergue xuvenil de Gandarío aos 40 mozos e mozas de 13 e 14 anos que están a participar nos campamentos que a Consellería de Política Social puxo en marcha este ano por primeira vez en colaboración coa AMTEGA para espertar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos.
O obxectivo último destas actividades ao abeiro Plan de Talento Dixital de Galicia (DigiTalent 2020) é o de estimular o talento precoz no ámbito das tecnoloxías da información e comunicacións, e fomentar o atractivo vocacional das profesións científico-tecnolóxicas entre a poboación máis nova.
20180907_campamentos_01.jpgDesde o día 1 e ata o vindeiro sábado 8 estanse a desenvolver os campamentos Vídeo Mapping: fai visible o que levas dentro e A vista de paxaro. Primeiros pasos con drons.
O campamento de Video Mapping conta con 20 participantes que están a vivir unha experiencia de achegamento á composición de vídeos para representacións nocturnas sobre edificios; poderán coñecer os principios necesarios para crear animacións de vídeo, e mediante o emprego de ferramentas informáticas serán quen de crear as súas propias composicións e compartilas cos seus compañeiros, mesmo con proxeccións nocturnas no propio albergue.
Outros 20 mozos e mozas poderán coñecer os principios necesarios na tecnoloxía de drons, e mediante o emprego de ferramentas informáticas e manipulación de drons adaptados á súa idade, serán quen de comprobar os seus coñecementos e experimentar coas enormes posibilidades da tecnoloxía dos drons.
Ademais destes campamentos en colaboración coa Consellería de Política Social, a AMTEGA xunto coa CPEIG está a realizar obradoiros sobre robótica, pilotaxe de drons e creación de personaxes para videoxogos nas Aulas CeMIT da Comunidade. Máis de 600 rapaces e rapazas de toda Galicia están a participar nun total de 57 actividades que comezaron en xullo e rematarán o 22 deste mes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?