A segunda edición do Programa de Aceleración ABANCA Innova deu comezo o pasado 25 de xullo, e as start-ups do segmentos insurtech, fintech ou regtech (moi legados ao sector bancario) que desexen participar teñen ata o vindeiro día 14 para presentar as súas candidaturas na páxina web da iniciativa.
Aseguran que o programa potenciará o uso de tecnoloxías como o blockchain, a intelixencia articial, os chat bots, a biometría, a computación na nube, a ciberseguridade ou o big data por parte das start-ups, das que valoraranse as súas candidaturas en función dos criterios de calidade da innovación, potencial do mercado, capacidade do equipo e tracción do proxecto.
As fases do programa mudan nesta segunda edición, pois ABANCA deseñou un programa moi adaptado ao negocio co seu partner estratéxico HubIN, de xeito que as empresas no programa afrontarán as seguintes fases:
– Fase I: sementa. Desenvolverase durante tres meses, do 1 de outubro ao 20 de decembro, e enfocarase ao deseño e validación do modelo de negocio.
– Fase II: xermina. Do 7 de xaneiro e ata o 19 de abril. Centrarase na experimentación no mercado para validar a tracción do modelo de negocio. Cada start-up recibirá 15.000 euros a xeito de préstamo participativo convertible.
– Fase III: medra. Terá lugar entre maio e outubro de 2019 e centrarase no seguimento das métricas de crecemento a través dunha proba de concepto con ABANCA. Unha das empresas que participe nesta fase poderá acceder a 45.000 euros adicionais e outra poderá acceder a 15.000 euros.
O programa desenvolverase coa metodoloxía Lean Startup, no contorno dunha grande corporación. Os participantes terán un plan formativo no que o conxunto de actividades enfócanse a responder cuestións específicas como o deseño pensando no cliente (Design Thinking) e a cohesión na misión e visión da compañía de todos e cada un dos membros do equipo. Amais, traballarase intensivamente para que as hipóteses expostas polo equipo poidan validarse no mercado mediante produtos mínimos viables, polo que potenciarase a capacidade de execución en equipo.
A 2ª edición de ABANCA Innova pecha o vindeiro venres o prazo de presentación de candidaturas
Compartir Este Artigo
