Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aprobada a extinción da Fundación TIC para a súa integración na Deputación de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aprobada a extinción da Fundación TIC para a súa integración na Deputación de Lugo

Redacción
Publicado: 13/09/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_extincion_tic_padroado.jpgO padroado da Fundación TIC da Deputación de Lugo aprobou este xoves a extinción da primeira das entidades para a súa integración na Deputación, logo do acordo do pleno da institución provincial do do 31 de xullo. Ademais, acordouse solicitar ao Protectorado de Fundacións de Interese Galego da Xunta de Galicia que ratifique e publique no DOG a extinción, pasos precisos para que esta sexa efectiva a 31 de decembro de 2018. O padroado presidido por Darío Campos Conde tamén aprobou que comece a operación de liquidación da entidade unha vez publicada a extinción no DOG.
Campos Conde dixo que “o Goberno provincial decidiu iniciar o proceso para integrar a TIC na Deputación dentro da nosa aposta por simplificar as estruturas burocráticas, evitar duplicidades administrativas, reducir gasto público e optimizar recursos materiais e humanos”. Lembrou que estes foron os mesmos criterios aplicados para a extinción do Inludes e o Pazo de Tor, entidades que tamén dependían da Deputación.
O presidente da TIC e da Deputación tamén destacou que “queremos manter e potenciar un servizo que consideramos moi útil para os lucenses”. Neste senso, subliñou “o labor da TIC a prol dos Concellos, das asociacións sen ánimo de lucro, da promoción do uso das novas tecnoloxías entre os veciños da provincia e do ensino de calidade a través da Escola de Imaxe e Son”. Ademais de afondar na simplificación da estrutura da administración, Darío Campos dixo que “coa posta en marcha de todo este proceso tamén é vontade do Goberno igualar as condicións laborais dos profesionais da TIC aos do organismo provincial”.
Acordo do Pleno da Deputación
O padroado da TIC foi convocado en canto se recibiu o acordo do pleno da Corporación provincial do 31 de xullo de 2018, polo que se aprobou inicialmente, coa abstención do PP, a extinción da fundación con efectos a 31 de decembro de 2018, e a asunción por parte da Deputación dos servizos e persoal da TIC. O obxectivo é que o 1 de xaneiro de 2019 a institución provincial se encargue directamente das actividades da Fundación TIC e que os seus profesionais formen parte do seu equipo como persoal subrogado. A Deputación asumirá, por tanto, a única Escola de Imaxe e Son que imparte ensinanzas superiores da rama audiovisual na provincia, así como o apoio e a difusión de actividades desenvolvidas pola propia Deputación, polos Concellos e polo tecido asociativo sen ánimo de lucro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?