Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: VíaGalicia chega á súa 6ª edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

VíaGalicia chega á súa 6ª edición

Redacción
Publicado: 13/09/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20180913__viagalicia.jpgO presidente da Xunta de Galicia avanzou hoxe a posta en marcha da sexta edición de ViaGalicia, que se desenvolve en Lugo e Vigo en colaboración coa Zona Franca e que, cun investimento total de 2,4 millóns de euros (dos que a Xunta achega máis do 60%), apoiará 15 novos proxectos innovadores.
Esta sexta edición estruturarase en seis fases e tras a convocatoria seleccionaranse 80 candidaturas: 40 para Lugo e 40 para Vigo. Na segunda fase, chamada Startup Day, seleccionaranse a metade das iniciativas que pasarán á Academia, onde os participantes recibirán formación teórico-práctica sobre como definir os modelos de negocio. Logo desta terceira fase, elixiranse os proxectos que participarán no Demo Day, unha presentación pública na que se seleccionarán un máximo de 15 proxectos aos que se lles ofertará financiamento e a incorporación á aceleradora.
Sobre este punto, cómpre subliñar que as iniciativas obterán unha axuda da Axencia Galega de Innovación (25.000 euros) e préstamos participativos de XesGalicia e de Vigo Activo, o fondo de capital risco da Zona Franca, de 50.000 euros cada un.
A quinta fase, denominada aceleradora, desenvolverase en Vigo e brindará o acceso a un espazo de coworking e a posibilidade de realizar parte da titorización nas propias instalacións da empresa, algo especialmente interesante para os proxectos do sector industrial. A última fase denomínase, Investors Day, consistirá nunha presentación dos proxectos a un panel de investidores privados e institucionais.
Ademais das axudas e préstamos, o proxecto elixido como Mellor proxecto empresarial de VíaGalicia poderá acceder a un préstamo adicional de 150.000 euros: 75.000 euros por parte de XesGalicia e 75.000 euros por parte de Vigo Activo.
Desde a súa posta en marcha en 2013, ViaGalicia investiu 9,5 millóns para apoiar 160 iniciativas -das que 68 se constituíron como empresa- que permitiron xerar 339 postos de traballo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?