Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os negocios dixitais copan a segunda edición de ViaExterior
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os negocios dixitais copan a segunda edición de ViaExterior

Redacción
Publicado: 14/09/2018
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

via_exterior.jpgO Consorcio da Zona Franca de Vigo acolleu este venres o lanzamento da segunda edición da súa aceleradora para a internacionalización de PEME, a aceleradora ViaExterior. Segundo fixo saber o Consorcio, nesta segunda entrega “mellorouse o modelo de farase un enfoque moito máis práctico”, con asesoramento personalizado para cada empresa atendendo ao seu sector e modelo de negocio. De novo dáse a circunstancia de que as novas tecnoloxías seguen a copar boa parte dos proxectos participantes. O nexo común de todos eles é o seguinte: trátase de negocios dixitais e empresas con gran potencial de comercialización en liña dos sectores TIC, turismo e benestar. Estes e outros datos foron achegados por David Regades, que deu a benvida ás 20 PEME seleccionadas e ao equipo docente e de titores. Tal e como explicou, o programa de ViaExterior que empeza hoxe consistirá nunha primeira fase de seis meses de formación e tutelaxe ata chegar a un foro de investimento que se celebrará no mes de marzo onde as empresas poderán captar recursos financeiros para dar o salto a novos mercados.
Tamén lembrou que as vinte empresas que participarán este ano pertencen sobre todo aos sectores TIC, turismo, saúde e benestar, que salientan por rexistrar altas taxas de crecemento de 2017 a 2018 e “contan cun forte potencial de comercialización en liña ou están enfocadas no negocio dixital”.
En ViaExterior, entre os meses de setembro e marzo, as participantes elaborarán o seu plan de internacionalización, para o que contarán con 20 horas de formación especializada e co acompañamento dun titor que lles guiará no desenvolvemento da súa estratexia internacional.
O primeiro obradoiro celebrado esta mesma tarde centrouse na Conxuntura económica mundial e como debe incorporarse a un plan de internacionalización a análise da situación económica dos mercados destino. A sesión estivo impartida por Mario Weitz, macroeconomista de referencia e consultor do Banco Mundial e da Comisión Europea e profesor de ESIC.
A listaxe de empresas seleccionadas é a seguinte: Beimar Suppliers SL, Beta Implants, Blim Manufacturing S.L., Bluscus – Turismo Mariñeiro, Bran Serigrafic SL, Colibri Scooters, S.L., Desarrollo Diseño & Styling S.L, Dieta Coherente. Amad Promoción de Salud S.L, Galicia Rural Alimenta S.L., Galiwonders S.L, Gift Carding S.L, Imatia Innovation, S.L., Inercial Performance, International Hypopressive and Physical Therapy Institute S.L,, IOS S.L.U, Mar Ceibe, S.L., Ozoaqua S.L, Photon Platinum Products and Services S.L., Tokapp Online, S.L. e Used World Parts S.L.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?