Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 21 cursos de dixitalización impulsan a Industria 4.0 en 300 empresas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

21 cursos de dixitalización impulsan a Industria 4.0 en 300 empresas galegas

Redacción
Publicado: 17/09/2018
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Máis de 300 empresas participan nas dúas convocatorias dos cursos formativos en materia de dixitalización que a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do IGAPE, puxo en marcha este ano. Mediante 21 iniciativas organizadas por clústeres e colectivos empresarias dos diferentes sectores produtivos, a Xunta activa novos espazos de colaboración e formación para a xeración de proxectos en materia dixital nas PEME galegas.
O obxectivo deste programa é apoiar a posta en marcha de sistemas informáticos nos catro ámbitos que teñen máis potencial para aportar valor ás empresas: os proxectos colectivos de soporte a procesos sectoriais multiempresa, os proxectos individuais de conectividade interempresarial, de conectividade intraempresarial e de intelixencia artificial.
Estes cursos formativos abranguen distintos sectores produtivos e abordarán aspectos como a transformación dixital da automoción galega, o mercado tecnolóxico das comunicacións dixitais, a aplicación da tecnoloxía 4.0 aos viñedos e ao aprovisionamento e expedición dos produtos pesqueiros, a construción e reparación do naval 4.0, e a visibilidade dos produtos tecnolóxicos innovadores para a dixitalización industrial.
Ao mesmo tempo, a Conselleira de Economía, Emprego e Industria mantén ata o 21 de setembro aberto o prazo para a presentación de solicitudes ás axudas á dixitalización, unha liña de apoio activada tamén este ano ao abeiro da Axenda Industria 4.0 e que conta con financiamento a través Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Así, a Xunta destina este ano cinco millóns de euros a impulsar iniciativas que xeran proxectos colectivos de dixitalización e que reforzan a aposta por un modelo de PEME 4.0, dixital, innovadora e exportadora, mediante os investimentos e a especialización en aspectos como o Big Data, a interconexión entre empresas, a aprendizaxe automática ou a dixitalización de procesos de traballo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?