Tras o lanzamento do Galaxy Note7 Samsung viviu toda unha crise de reputación por mor dos incendios das baterías do seu smartphone estrela, que levou a que a empresa mudara profundamente o xeito no que traballa coas baterías dos móbiles, incrementando a súa seguridade dun xeito extremo, de aí que, en vez de eliminar a marca Note do seu catálogo, ousase a comercializar o Galaxy Note8, dispositivo que tivo unha grande aceptación e que non rexistrou ningún problema significativo, de aí que sorprenda extraordinariamente a nova publicada polo New York Post na que aseguran que un Galaxy Note9 ardeu espontaneamente no bolso dunha muller de Long Island que está a demandar a Samsung polo acontecido.
A afectada, unha axente inmobiliaria chamada Diane Chung, de confirmarse o acontecido, sería a primeira afectada por un accidente cun Note9 que teríase producido o pasado 3 de setembro despois da medianoite, cando o teléfono púxose moi quente (segundo a demanda presentada), optou por deixar de usalo e introducilo no bolso, tras o que escoitou un asubío, ao que seguiu fume, o que levou a Chung a tentar baleirar o bolso no chan do ascensor no que se atopaba, o que teríalle ocasionado queimaduras nos dedos. Continua dicindo que o móbil non parou de arder ata que unha persoa o colleu cun pano e introduciuno nunha xerra de auga.
A denunciante asegura que Samsung debería saber que o Note9 é defectuoso, polo que pide unha indemnización por danos e a prohibición da venda do smartphone, o que claramente semella algo desproporcionado, especialmente porque non se sabe de ningún outro incidente en todo o mundo.
Dende Samsung aseguran estar a investigar o acontecido, e sosteñen que o Galaxy Note9 é o dispositivo da compañía que someteron a máis controis de seguridade.
Lembremos que as baterías dos dispositivos electrónicos sempre son susceptibles a accidentes (esta mesma mañá incendiouse a batería dun ordenador portátil no metro de Madrid), polo que o máis probable é que esteamos ante un caso totalmente illado, no que media unha denuncian para tentar tirar proveito económico da situación, aproveitando o escándalo ao redor das baterías do Note7.
Denuncian a Samsung polo incendio dunha batería dun Note9
Compartir Este Artigo
